Mars Needs Moms
Mars Needs Moms | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mars Needs Moms |
Director | Simon Wells |
Produtor | Robert Zemeckis Jack Rapke Steve Starkey Steven Boyd |
Guión |
|
Baseado en | Mars Needs Moms! de Berkeley Breathed |
Intérpretes | |
Música | John Powell |
Fotografía | Robert Presley |
Montaxe | Wayne Wahrman |
Estudio | Walt Disney Pictures ImageMovers Digital |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | El Capitan Theatre: 6 de marzo de 2011 11 de marzo de 2011 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación e ciencia ficción |
Orzamento | 150 millóns de dólares |
Recadación | 39,2 millóns de dólares |
Na rede | |
http://disney.go.com/disneypictures/marsneedsmoms/ | |
Mars Needs Moms é un filme estadounidense de 2011 dirixido por Simon Wells, producido por ImageMovers Digital e distribuído por Walt Disney Pictures. Baséase no libro homónimo de Berkeley Breathed e conta coas voces e captura de movementos de Seth Green, Dan Fogler, Elisabeth Harnois, Mindy Sterling e Joan Cusack. Foi o segundo e derradeiro filme producido por ImageMovers Digital antes de que o estudo fose pechado e reabsorbido en ImageMovers.[1] Conta a historia dun neno de nove anos chamado Milo que se propón salvar a súa nai despois de ser secuestrada por marcianos.
Mars Needs Moms estreouse en El Capitan Theatre dos Ánxeles o 6 de marzo de 2011, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 11 de marzo de 2011, nos formatos Disney Digital 3D, RealD 3D e IMAX 3D. Recibiu valoracións dispares da crítica, que eloxiou a imaxe, a escenografía e o elenco, mais criticaron a súa historia, os personaxes e a "inquietante" animación dos personaxes, e os críticos dixeron que "padece de falta de imaxinación e de corazón". Recaudou 39,2 millóns de dólares en todo o mundo cun orzamento de 150 millóns de dólares, converténdose nun dos fracasos do cinema máis grandes de todos os tempos, perdendo entre 100 e 144 millóns de dólares para Disney.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Seth Green como Milo (captura de movementos)
- Seth Dusky como Milo (voz)
- Dan Fogler como Gribble
- Elisabeth Harnois como Ki
- Mindy Sterling como o Supervisor
- Joan Cusack como nai de Milo
- Kevin Cahoon como Wingnut
- Dee Bradley Baker como Two-Cat (voz)
- Tom Everett Scott como pai de Milo
- Raymond, Robert e Ryan Ochoa como crías marcianas
- Matthew Henerson, Adam Jennings, Stephen Kearin, Amber Gainey Meade, Aaron Rapke, Julene Renee, Kirsten Severson e Matthew Wolf como marcianos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Finke, Nikki (12 de marzo de 2010). "Disney Closing Zemeckis' Digital Studio". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2018.