McFly
McFly | |
---|---|
De esquerda a dereita: Harry Judd, Dougie Poynter, Danny Jones e Tom Fletcher | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | pop rock, pop punk |
Selo(s) discográfico(s) | Island Super |
Membros | Tom Fletcher Danny Jones Dougie Poynter Harry Judd |
Na rede | |
Páxina oficial | |
McFly é un grupo inglés de pop rock/pop punk formado en Londres no 2003. Está formado por Tom Fletcher (voz, ukelele, guitarra e piano), Danny Jones (voz, harmónica e guitarra), Dougie Poynter (baixo e voz) e Harry Judd (batería). Asinaron con Island Records dende o 2004 até decembro de 2007, antes de crear o seu propio selo discográfico, Super Records.[1]
McFly acadou a fama despois de que o grupo Busted os axudara a darse a coñecer convidándoos na súa xira de 2004. No 2005, gañaron o Brit Award ó mellor grupo pop británico.[2] O seu primeiro álbum, Room on the 3rd Floor acadou o número 1 nas listas de álbums do Reino Unido e foi certificado co dobre platino;[3] converténdose na banda máis nova en ter un álbum de debut no número 1, superando a The Beatles.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Mirror.co.uk, ed. (17 de maio de 2008). "We're gonna McFly solo lads tell record label Tag". Mirror (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ "McFly BRITs Profile" Arquivado 02 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Brits.co.uk. Consultado o 21 de novembro de 2012
- ↑ "BPI Certification for Room on the Third Floor". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2007. Consultado o 23 de novembro de 2007.
- ↑ "McFly – The Heart Never Lies single / Greatest Hits Album" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2008. Consultado o 23 de novembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: McFly |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)