(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Mercedes Abella - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mercedes Abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMercedes Abella
Biografía
Nacemento(es) Mercedes Abella Oliveros Editar o valor en Wikidata
6 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Baracoa, Cuba Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Q89547790Fundadora da Terapia ocupacional en España
Medalla de ouro da T.O., concedida pola Universidade da Coruña e a APGTO [1]
Actividade
Campo de traballoTerapia ocupacional
Familia
CónxuxeGeorge Michael Selizki Editar o valor en Wikidata

Mercedes Abella Oliveros, coñecida como Mercedes Abella, nada o 6 de abril de 1926 en Baracoa (provincia de Oriente),[2][3] é unha terapeuta ocupacional cubana, coñecida como a fundadora da terapia ocupacional en España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Graduouse na Escuela del Hogar da Habana en 1949. Posteriormente trasladouse aos Estados Unidos para estudar terapia ocupacional na Universidade de Nova York (New York University, NYU) onde acadou o título o ano 1954. Continuou os seus estudos nesta universidade, graduándose en 1959 como Bachelor of Science (título de grao en ciencias que se obtén despois de catro anos de estudos), e alcanzando o título de Master of Arts (título de posgrao) en 1972.[3]

Cargos desempeñados

[editar | editar a fonte]

De 1954 a 1956 formou parte do persoal do Centro de Rehabilitación de Terapia Ocupacional Franklin Delano Roosevelt de Havana, Illinois, Estados Unidos. En 1957 ocupou a mesma ocupación no General Hospital de Queens (Nova York). De 1958 a 1959 foi terapeuta ocupacional sénior, no Rusk Institute Rehabilitation Medicine da Facultade de Medicina da Universidade de Nova York. En 1960 foi supervisora no St. Mary's Hospital for Children de Bayside, Queens, Nova York.

En 1961 foi comisionada pola Organización Mundial da Saúde para o desenvolvemento da terapia ocupacional en España, logo de que Manuel Oñorbe Garbayo, Heliodoro Ruiz García e Cecilio González Sánchez puxesen en funcionamento a Escola Nacional de Terapia Ocupacional no Dispensario Nacional de Rehabilitación de Madrid. Abella elaborou o primeiro plan de estudos para a ensinanza da terapia ocupacional, e impartiu materias específicas desta disciplina.[4] A súa idea era establecer os estándares da primeira Escola de Terapia Ocupacional en España, escola que se estableceu na rúa Maudes de Madrid. O seu labor desenvolveuse durante tres anos. No ano 1964 abandona España, para traballar como directora adxunta do Departamento de Terapia Ocupacional, no Instituto de Rehabilitación de Medicina de Nova York (Rusk Institute Rehabilitation Medicine).[3]

De 1964 a 1967 foi supervisora e coordinadora de estudantes do Rusk Institute Rehabilitation Medicine de Nova York, e desde 1976 é asistenta do director dese mesmo dentro. De 1970 a 1990 foi consultora do World Rehabilitation Fund para América Central e a China. Desde 1994 é membro do Accreditation Council for Occupational Therapy Education.[5]

Así mesmo é membro de Fellow American Occupational Therapy Association (vicepresidenta no período 1982-1987) e da New York State Occupational Therapy Association.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mercedes Abella casou con George Michael Selizki o 21 de maio de 1980.[5]

Homenaxe dos terapeutas ocupacionais galegos

[editar | editar a fonte]

No ano 2008, a Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e a Asociacíón profesional galega de terapeutas ocupacionais (APGTO), fixeron entrega, no reitorado da Universidade, a Mercedes Abella, que chegou acompañada do seu marido George Michael Selizki, da medalla de ouro da terapia ocupacional en recoñecemento ao seu labor e traballo.[3]

  1. Asociación profesional galega de terapeutas ocupacionais.
  2. Desde a reforma administrativa de 1976, a cidade de Baracoa pertence á provincia de Guantánamo.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Mercedes Abella, el nacimiento de la T.O. en España.
  4. Moruno Miralles et al., pp. 20-38.
  5. 5,0 5,1 5,2 Mercedes Abella.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]