(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Michelle Bachelet - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Michelle Bachelet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichelle Bachelet

(2020) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Verónica Michelle Bachelet Jeria Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
La Cisterna, Chile Editar o valor en Wikidata
Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
1 de setembro de 2018 – 31 de agosto de 2022
← Zeid bin Ra'adVolker Türk →
Presidente de Chile
11 de marzo de 2014 – 11 de marzo de 2018
← Sebastián PiñeraSebastián Piñera →
Directora executiva de ONU Mulleres
14 de setembro de 2010 – 15 de marzo de 2013
← sen valor – Phumzile Mlambo-Ngcuka →
Presidenta temporal de Unasur
23 de maio de 2008 – 10 de agosto de 2009
← sen valor – Rafael Correa →
Presidente de Chile
11 de marzo de 2006 – 11 de marzo de 2010
← Ricardo LagosSebastián Piñera →
Ministro de Defensa Nacional de Chile
7 de xaneiro de 2002 – 29 de setembro de 2004
← Mario Fernández BaezaJaime Ravinet →
Ministro de Saúde de Chile
11 de marzo de 2000 – 7 de xaneiro de 2002
← Álex FigueroaOsvaldo Artaza →
Consultora Organización Panamericana da Saúde, Organización Mundial da Saúde, Sociedade Alemá de Cooperación Internacional
Presidenta
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPotsdam (1978–)
Leipzig (1978–1978)
Potsdam (1975–1978)
Bethesda (1962–1964)
Xenebra
Nova York
Quintero
Australia
Washington, D.C.
Antofagasta
San Bernardo
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Guerra do Exército de Chile - ciencia militar (1998–1998)
Colexio Interamericano de Defensa - defensa continental (1997–1998)
Academia Nacional de Estudos Políticos e Estratéxicos - diplomado (1996–1996)
Universidade Humboldt de Berlín - medicina (1978–1979)
Universidade de Leipzig - lingua alemá (1978–1978)
Universidade de Chile - medicina (1970–1983)
Liceo N.º 1 Javiera Carrera - diploma de escola secundaria (1964–1969)
Westland Middle School (1962–1964) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstratexia militar Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, epidemióloga, cirurxián, pediatra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista de Chile (–2018) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJorge Dávalos (1979–1984) Editar o valor en Wikidata
FillosSebastián Dávalos Editar o valor en Wikidata
PaisAlberto Bachelet Editar o valor en Wikidata  e Ángela Jeria Editar o valor en Wikidata
ParentesMáximo Jeria, bisavó Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de decembro de 2013eleccións presidenciais de Chile de 2013
27 de febreiro de 2010Terremoto de Chile de 2010
2006Mobilización estudantil en Chile de 2006
11 de decembro de 2005eleccións presidenciais de Chile de 2005-2006
decembro de 1992parto
febreiro de 1984parto
1984separación legal
xuño de 1978parto
1977-1984matrimonio
1975interrogatorio (Villa Grimaldi)
1975tortura (Villa Grimaldi)
1969-1979exilio
1964emigración dende os Estados Unidos
1962inmigración ós Estados Unidos
Rede Metropolitana de Mobilidade Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmichellebachelet.cl Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1905605 Facebook: MichelleBachelet Twitter: mbachelet BNE: XX1193225 Discogs: 485959 Editar o valor en Wikidata

Verónica Michelle Bachelet Jeria, nada en Nuñoa (Santiago) o 29 de setembro de 1951, é unha médico e política chilena, actual presidenta da República de Chile desde o 11 de marzo de 2014. Bachelet xa ostentara a presidencia do país entre o 11 de marzo de 2006 e o 11 de marzo de 2010. Tamén foi a primeira presidenta pro tempore de UNASUR, e a primeira encargada de ONU Mulleres, axencia das Nacións Unidas para a igualdade de xénero.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Alberto Bachelet, xeneral de brigada da Forza Aérea de Chile e membro do goberno da Unidad Popular liderado por Salvador Allende, Michelle Bachelet estudou medicina na Universidade de Chile, período en que ingresou nas filas do Partido Socialista. Tras o golpe de Estado do 11 de setembro de 1973, o seu pai foi detido pola ditadura militar, falecendo en prisión, e Michelle xunto coa súa nai, Ángela Jeria, pasou á clandestinidade. En 1975 ambas foron detidas en Villa Grimaldi polos organismos represivos da ditadura, antes de partir ao exilio.

En 1979 regresou ao país e sumouse a diversos movementos contrarios á ditadura de Augusto Pinochet. Co retorno da democracia, Bachelet desenvolveu unha carreira política de baixo perfil, que cambiaría radicalmente ao asumir como ministra de Saúde durante o goberno de Ricardo Lagos Escobar en 2000. En 2002, asumiu como ministra de Defensa, sendo a primeira muller do país e de Iberoamérica en ocupar dito posto.[1] Nesa posición, Bachelet converteuse nunha figura de gran popularidade sendo designada posteriormente como candidata presidencial da Concertación de Partidos por la Democracia para as eleccións presidenciais de 2005, as cales gañou o 11 de decembro dese ano e o 11 de xaneiro de 2006 en primeira e segunda volta, respectivamente.

Presidenta de Chile

[editar | editar a fonte]

A elección de Bachelet como presidenta de Chile marcou un dos maiores fitos na historia republicana do país ao ser a primeira muller electa para exercer o máximo cargo gobernamental. Pese ás altas cifras de aprobación e popularidade ao iniciar o seu mandato, ao termo da que se chamou «lúa de mel», Bachelet debeu afrontar unha serie de diversos conflitos, de entre os cales sobresaen a Revolución pingüina —iniciada a menos de dous meses de comezar o seu goberno— e a crise do Transantiago —ao ano seguinte—, que xeraron fortes divisións e crises na coalición de goberno como así mesmo durísimas críticas e reproches por parte da oposición. Porén, ao empezar a segunda metade do seu mandato, o «sello social» dos dous restantes anos —que permitiu unha importante reforma ao sistema previsional— e a ben avaliada xestión da crise económica mundial de 2008, permitiu que Bachelet repuntara as súas cifras de popularidade, alcanzando cifras históricas de apoio a nivel latinoamericano;[2] no plano internacional, Bachelet foi avaliada entre as mulleres máis poderosas e influentes do mundo.[3][4][5] A poucas semanas do termo do seu goberno, en febreiro de 2010, tivo que afrontar un terremoto de magnitude 8,8 que azotou a zona centro sur do país, que produciu, ademais, un forte tsunami que impactou as costas chilenas. Ambos eventos destrutivos deixaron un saldo de 525 persoas mortas e 25 desaparecidas.

Nacións Unidas

[editar | editar a fonte]

Tras o seu mandato, Bachelet asumiu como secretaria xeral adxunta das Nacións Unidas, coa fin de encargarse e desempeñar a dirección executiva da recentemente creada axencia ONU Mulleres.[6][7] Non obstante, a expresidenta mantívose como unha das figuras políticas mellor avaliadas pola cidadanía chilena,[8][9] o que motivou o seu regreso ao país en marzo de 2013 para converterse novamente en candidata á presidencia.[10] Elixida en primarias como candidata do pacto Nueva Mayoría -conformada pola ex-Concertación e outros partidos de esquerda-,[11] Bachelet obtivo unha ampla maioría dos votos nas eleccións presidenciais de 2013 e foi reelecta para un segundo período, o que iniciou o 11 de marzo de 2014.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2005, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[12]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]