Mimetismo
O mimetismo[1] é unha habilidade que posúen certos seres vivos para semellarse a outros organismos (cos que non garda relación) para obter unha vantaxe funcional.
O obxectivo do mimetismo é enganar os sentidos do resto dos seres vivos que conviven no mesmo hábitat, inducindo neles unha determinada conduta.
Os casos máis coñecidos afectan á percepción visual, pero tamén hai exemplos de mimetismo auditivo, olfactivo e táctil.
Mimetismo e cripse
[editar | editar a fonte]Mimetismo e cripse non son o mesmo, aínda que moitas veces danse ambos os casos á vez. O mimetismo consiste en parecerse a outro ser vivo, mentres que na cripse ou camuflaxe o ser vivo trata de parecerse ao medio que o rodea.
Moitos Ortópteros (orde Orthoptera) e algúns fásmidos (orde Phasmatodea) tropicais parecen follas, o mesmo que algunhas bolboretas. O aspecto típico dos Phasmatodea (insecto pau) é o dunha rama ou palla, por exemplo.
Aposematismo
[editar | editar a fonte]En moitas ocasións coinciden cripse e aposematismo (sinais de advertencia. É o caso de animais inofensivos que adoptan os trazos de advertencia doutros perigosos. Un exemplo son algunha ourugas que presentan ocelos espectaculares, manchas pares concéntricas que imitan a un par de ollos abertos.
Automimetismo
[editar | editar a fonte]É unha forma de mimetismo na que a parte do corpo dun animal se mimetiza con outra que resulta máis vulnerable, para así desviar o ataque dos depredadores cara ás partes menos vulnerables do corpo e así poder escapar e sobrevivir. Os exemplos máis claros danos certos tipos de bolboretas e peixes que presentan manchas en forma de ollos (ocelos) nas ás e na cola, respectivamente, que asemellan a cabeza do animal, a parte máis vulnerable e onde os seus depredadores tende a atacar. Como estas partes son menos vulnerables que a cabeza, o animal pode escapar e sobrevivir. Porén, este mimetismo non foi moi probado, xa que unha cousa é o observador humano, e outra a vista de certos depredadores que poden percibir a luz ultravioleta. É por tanto, que outros científicos cren que a verdadeira función dos ocelos nas bolboretas e nos peixes é imitar os ollos doutros animais que resultan máis perigosos, tanto para o depredador como para a presa, para así asustar ao depredador. Neste caso, sería un exemplo de mimetismo que pode ser do tipo mülleriano ou batesiano.
Mimetismo batesiano
[editar | editar a fonte]Henry Walter Bates observou que en ocasións unha especie inofensiva asemellábase a outra perigosa ou repugnante e con isto consegue eludir a acción dos depredadores. Chámase mimetismo batesiano a este fenómeno. É o que observamos, por exemplo, no caso das moscas (da familia Syrphidae e Bombyliidae) cuxo aspecto semella os das abellas e vespas. No grupo dos vertebrados existe un grupo de serpentes de coral, moi velenosas, imitadas na composición dos seus cores por unha falsa coral totalmente inofensiva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mimetismo.