Mimosa (xénero)
- Este artigo trata sobre un xénero botánico, para a especie de acacia naturalizada en Galicia véxase:Mimosa.
xénero Mimosa | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follaxe e testas florais de Mimosa pudica | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto, | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Mimosa é un xénero que inclúe plantas herbáceas, arbustos, e árbores, dentro da subfamilia das Mimosóideas das Leguminosas. A especie máis curiosa do xénero é Mimosa pudica, coñecida simplemente como mimosa (non confundir coa Acacia dealbata) ou sensitiva, debido ao xeito no que move a súa follaxe ao ser tocada ou exposta á calor; mais hai moitas outras especies que tamén o fan á tardiña.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O xénero distribúese desde o sur de México, até o Uruguai e a Arxentina, pasando por América Central, e é amplamente usado como ornamental, tanto en interiores como en áreas tépedas, e en exteriores nos trópicos. O seu cultivo fíxoa unha maleza invadindo moitas áreas, notabelmente en Hawai.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os membros deste xénero atópanse entre as poucas plantas capaces de executaren o movemento rápido; os exemplos fóra de Mimosa inclúen Codariocalyx Hassk., e tamén Dionaea Ellis (coñecida coma dionea papamoscas). Mimosa pode distinguirse dun amplo xénero relacionado, Acacia e Albizia, posto que as súas flores teñen 10 ou menos estames. Nótese que, botanicamente, o que parece ser unha soa flor globosa é de feito un acio de moitos outros individuos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero Mimosa ten unha historia torta e complxa, tendo períodos de subdivisións e de reagrupamentos, ultimamente acumulando máis de 3.000 nomes, moitos dos cales se sinonimizan baixo outras especies ou son transferidos a outros xéneros. En parte por mor deses cambios de circunscricións, o nome "Mimosa" aplicouse a varias outras especies vinculadas con follas semellantes pinnadas ou bipinnadas, mais agora clasificadas noutros xéneros, como en Albizia e Acacia.
Mimosa foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 516–523. 1753.[1] A especie tipo é: Mimosa sensitiva L.
Especies
[editar | editar a fonte]Hai ao redor de 400 especies incluíndo:
- Mimosa aculeaticarpa Ortega
- Mimosa andina
- Mimosa arenosa (Willd.) Poir.
- Mimosa asperata L.
- Mimosa borealis Gray
- Mimosa camporum
- Mimosa canahuensis Standl. & Steyerm.
- Mimosa caste L.
- Mimosa ceratonia L.
- Mimosa claussenii
- Mimosa diplotricha C.Wright ex Sauvalle
- Mimosa disperma
- Mimosa dysocarpa Benth.
- Mimosa dysocarpa var. dysocarpa Benth.
- Mimosa emoryana Benth.
- Mimosa grahamii Gray
- Mimosa grahamii var. grahamii Gray
- Mimosa hostilis
- Mimosa hystricina (Small ex Britt. et Rose) B.L.Turner
- Mimosa lanuginosa
- Mimosa latidens (Small) B.L. Turner
- Mimosa laxiflora Benth.
- Mimosa malacophylla Gray
- Mimosa microphylla Dry.
- Mimosa nuttallii (DC.) B.L. Turner
- Mimosa pellita Kunth ex Willd.
- Mimosa pigra L.
- Mimosa pigra var. pigra L.
- Mimosa pudica L. - A Mimosa sensitiva
- Mimosa quadrivalvis L.
- Mimosa quadrivalvis var. hystricina (Small) Barneby
- Mimosa rhododactyla var. benthamii (J.F.Macbr.) Barneby (Sin.: Mimosa benthamii J.F.Macbr.)
- Mimosa roemeriana Scheele
- Mimosa rubicaulis Lam.:
- Mimosa rubicaulis subsp. himalayana (Gamble) H.Ohashi (Sin.: Mimosa himalayana Gamble)
- Mimosa rufescens Benth.
- Mimosa rupertiana B.L. Turner
- Mimosa scabrella Benth.
- Mimosa schomburgkii Benth.
- Mimosa somnians
- Mimosa strigillosa Torr. et Gray
- Mimosa tenuiflora (Willd.) Poir. (= Mimosa hostilis)
- Mimosa texana (Gray) Small
- Mimosa turneri Barneby
- Mimosa verrucosa Benth.
- Mimosa virgula
Usos
[editar | editar a fonte]En Rusia, Italia e outros países é costume agasalla ás mulleres, mimosas amarelas (xunto a outras flores) no día Internacional da muller (8 de marzo). Esa flor é de Acacia dealbata (a chamada comunmente mimosa en Galiza), que non é unha verdadeira Mimosa.
É amplamente usada en perfumaría, a extracción da súa esencia con éter de petróleo efectúase directamente a partir das flores apañadas.
La Forêt de Mimosas é unha obra cantada en francés por Kirsty MacColl que se trata dunha muller asasinada polo seu amante nunha foresta de mimosas.
A planta pode acharse en moitas partes de Bengala, onde se coñece como lajjabati (literalmente muller avergoñada).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mimosa (xénero)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 5 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barneby, R.C. 1992. Sensitivae Censitae: A description of the genus Mimosa Linnaeus (Mimosaceae) in the New World. Memoirs of the New York Botanical Garden, vol. 65.
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?300378 (9 de xaneiro de 2008)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.mimosa-pudica.de/e_index.html
- Dous vídeos amosando a planta engurrando as follas