Cultura musteriense
A cultura musteriense, ou período musteriano, refírese a unha cultura arqueolóxica que se desenvolve no paleolítico medio. Debe o seu nome ao sitio arqueolóxico de Le Moustier, un acubillo rochoso na rexión de Dordoña en Francia descuberto en 1860 por Gabriel de Mortillet. Ferramentas de pedra similares atopáronse por toda a Europa subártica e tamén no Oriente Medio e norte da África.
Características
[editar | editar a fonte]As ferramentas musterianas asócianse principalmente cos neandertais en datas comprendidas entre o 125.000 a. C. e o 40 ou 30.000 a. C. A industria lítica realízase basicamente sobre lascas e caracterízase polo uso da técnica de talla Levallois, que permite realizar ferramentas máis especializadas.
Deste período aparecen os primeiros rituais funerarios e o canibalismo ritual.
O musteriano divídese en varios grupos:
- Musteriano de cultura acheulense tipo A
- Musteriano de cultura acheulense tipo B
- Musteriano típico
- Musteriano de tipo Quina-Farrasie
- Musteriano de denticulados