N-651
Aparencia
N-651 Acceso ao porto de Ferrol | |
---|---|
Ponte das Pías, tramo final da N-651. | |
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 30 km |
Localización | |
Inicio | Betanzos |
Fin | Fene |
A N-651 ou Estrada Madrid-Ferrol, é unha estrada nacional española, que une Betanzos na N-VI con Fene, onde conecta coa FE-14, que pola Avenida das Pías remata en Ferrol. Pasa por Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas e Fene. Conecta coa AP-9F, en Miño (sentido Betanzos), Pontedeume, Cabanas e Fene.
A estrada N-651 formou historicamente un tramo de ramal entre Betanzos e Ferrol da Estrada da Coruña, baixo o identificador N-VI.
No ano 2016 o Ministerio de Fomento de España decidiu investir 6,2 millóns de euros na mellora da seguridade viaria desta vía entre os P. K. 20,5 e 26,9 ao seu paso pola travesía urbana de Cabanas.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A N-651 sobre a desembocadura do Eume
-
Viaduto da N-651 que salva a ría da Ponte do Porco.
-
Campolongo, Pontedeume
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fomento invertirá 6,2 millones en la mejora de la carretera N-651". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2017-05-06.