NSSDC ID
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento.
Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite. O número revela que foi lanzado en 1957 e que foi o primeiro lanzamento daquel ano. Outro exemplo é 1990-037B, o telescopio espacial Hubble, que foi o lanzamento exitoso número 37 durante 1990. 1990-037A era o transbordador espacial Discovery durante a misión STS-31, que levou ó telescopio cara ao espazo.
Os lanzamentos marrados non levan identificadores estándar. En cambio catalóganse con designracións arbitrarias, como VAGSL1 para o satélite Vanguard SLV 1.
O sistema de designación coñecíase como sistema COSPAR, denominado así polo Committee on Space Research (comité para a investigación espacial) do Consello Internacional da Ciencia. Este grupo incluía o primeiro sistema de designación, concibido na Universidade Harvard en 1958. O sistema usaba letras minúsculas do alfabeto grego para nomear os satélites. Por exemplo, Sputnik 1 era 1957
O catálogo é administrado en Estados Unidos polo National Space Science Data Center, parte da NASA.