(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Nebalíidos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nebalíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dos nebalíidos (Nebaliidae) é unha familia de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos filocáridos, orde dos leptostráceos e suborde dos nebaliáceos.[1][2]

Esta familia é a máis grande das tres que compoñen a suborde dos nebaliáceos, xa que contén 33 das 40 especies descritas. As súas especies pódense distinguir das das outras dúas familias pola forma estreita da furca cauda (que é máis ampla nos nebaliopsidídos) e polos calinóforos,[3] órganos sesoriais das antenas dos machos adultos, que están inchados nos paranebalíidos pero non nos nebalíidos.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1819 polo conservador do Museo de Historia Natural de Londres George Samouelle.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia esta fomado, segundo a norma, pola raíz do nome do seu xénero tipo coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

A familia comprende os seguintes cinco xéneros:[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Nebaliidae Samouelle, 1819 no WoRMS. Consultado o 7 de marzo de 2022.
  2. Nebaliidae no GBIF. Consultado o 7 de marzo de 2022.
  3. Lowry, J. K. (1986): "The callynophore, a eucaridan/peracaridan sensory organ prevalent among the Amphipoda (Crustacea)". Zoologica Scripta 154: 333-349.
  4. Genefor K. Walker-Smith & Gary C. B. Poore (2001): "A phylogeny of the Leptostraca (Crustacea) with keys to families and genera". Memoirs of Museum Victoria 58 (2): 383–410.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]