(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Nestlé - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nestlé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nestlé

Sede de Nestlé en Vevey.
TipoSociedade Anónima
Fundación1866
LocalizaciónVevey Suíza Suíza
FundadorHenri Nestlé
Persoas clavePaul Bulcke
IndustriaAlimentación
ProdutosLeite e derivados, chocolate, alimentos infantís, iogures, pasta, xeados, salsas, pratos precociñados.
Beneficio67.836 millóns de euros
Número de empregados328.000 (31 de decembro de 2011)
Na rede
https://www.nestle.com/, https://empresa.nestle.es e https://www.recetasnestle.com.mx/
Facebook: Nestle Twitter: Nestle Instagram: nestle Tumblr: nestle LinkedIn: nestle-s-a- Youtube: UCdfxp4cUWsWryZOy-o427dw Pinterest: nestle Flickr: 39513067@N00 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nestlé (Nestlé S.A. ou Société des Produits Nestlé S.A.) é unha empresa suíza de alimentación con sede en Vevey. Nestlé é a maior empresa alimenticia do mundo por volume de vendas, ten unhas 461 fábricas en 83 países.

Henri Nestlé.

A empresa foi fundada polo farmacéutico de orixe alemá Henri Nestlé (10 de agosto de 1814 – 7 de xullo de 1890) en 1866. A orixe da empresa foi a fabricación de leite en po para bebés. Daniel Peter traballou en perfeccionar a fabricación de chocolate con leite, e Nestlé colaborou con el para amañar o problema da eliminación da auga do leite engadido ao chocolate e evitar así que o produto balorecese. Henri Nestlé retirouse do negocio en 1875 pero a empresa, cun novo propietario, conservou o seu nome como Société Farine Lactée Henri Nestlé. En 1905 fusionouse coa empresa Anglo-Swiss Condensed Milk Company que aínda sendo máis grande adoptou o nome de Nestlé. En 1947 a empresa troca o nome a Nestlé SA despois da adquisición de Fabrique de Produits Maggi SA fundada en 1884.

Ata a primeira guerra mundial a empresa tivo un rápido crecemento coa comercialización de leite condensado. Despois da guerra os clientes volveron a preferir o leite fresco e a empresa diversificouse producindo outros produtos. Durante a segunda guerra mundial Nestlé sacou un novo produto: Nescafé, un café soluble instantáneo. Dende entón a Nestlé medrou mercando outras empresas e ampliando o negocio a outros sectores da alimentación e a cosmética.

Nestlé en Galiza

[editar | editar a fonte]
Acceso á fábrica de Nestle La Lechera en Ponteceso .

En España Nestlé instalouse en 1905 en La Penilla, Cantabria para a produción de leite infantil e despois leite condensado baixo a marca La Lechera. A sede en España estableceuse en 1920 en Barcelona. En España ten unhas vendas de 2.085 millóns de euros dando traballo a 5.910 persoas de xeito directo[1].

As orixes da fábrica de Nestlé en Pontecesures están en ILEPSA (Industria Lechera Peninsular, Sociedad Anónima) o 1 de febreiro de 1938. Iníciase a produción de leite condensado en probas o 16 de agosto de 1939, baixo a dirección de Arnaldo Semanedi. Elíxese Pontecesures como lugar para a fábrica por estar ben comunicado pola estrada Vigo-Santiago e polo seu porto polo que chega a folladelata para a fabricación dos botes e ao que chegaban os barcos cargados de leña empregada como combustible nas caldeiras da fábrica. Polo porto tamén saía parte da produción que era levada en barco ata o porto de Vilagarcía onde pasaba a buques máis grandes. Nestlé foi pioneira na recollida de leite en Galiza primeiro nas comarcas de Caldas de Reis e Moaña, e máis tarde a Lalín e Allariz. Nesas zonas creáronse centrais de frío para a recollida de leite e o seu transporte a Pontecesures.

A finais de 1978, a fábrica pasou a producir baixo a marca La Lechera, ata entón fabricada en La Penilla de Cayón (Cantabria). En 1983 a fábrica de Pontecesures pasou a ser a única en España que producía coa marca Nestlé leite condensado, ata entón a produción repartíase en seis fábricas. En 1985, ILEPSA disolveuse e a fábrica pasou a integrarse en Sociedad Nestlé, Anónima Española de Productos Alimenticios actual Nestlé España S.A.

A fábrica de Pontecesures ten 35.000 m² de superficie, 13.800 m² construídos cunha capacidade de produción de 22.000 toneladas de leite condensado envasado baixo as marcas: La Lechera, Aly, El Castillo ou NUTRICIA. O 35% da súa produción expórtase a uns 12 países de Europa, África e Asia. A fábrica de Pontecesures ten certificacións ISO 9002 de calidade e ISO 14001 de xestión medioambiental. Na fábrica traballan 149 persoas[2].

Nestlé España foi multada xunto con outras dez empresas lácteas con 10,6 millóns de euros en 2015 pola Comisión Nacional de Mercados e Competencia por intercambiar información sobre prezos de compra de leite de vaca cru[3].

Marcas da empresa

[editar | editar a fonte]

Algunhas das marcas máis coñecidas de Nestlé son:

  • Nestlé
  • Nesquik
  • Frigo
  • Nestea
  • Solís (salsas)
  • Maggi
  • Kit Kat
  • La Cocinera
  • La Lechera (sobremesas)
  • Purina Dog Chow
  • Buitoni
  • Litoral (pratos precociñados)
  • Nespresso
  • Aquarel
  • Nescafé
  • Perrier
  1. "Nestlé en España.". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  2. "La fábrica de Nestlé en Pontecesures ya exporta la mitad de su producción. La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  3. Competencia multa con 88,2 millones a varias empresas del sector lácteo. lavozdegalicia.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • La fábrica de Nestlé en Pontecesures, Gabinete de prensa de Nestlé España SA, marzo de 2010.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]