Nick Clegg
Nicholas William Peter Clegg, máis coñecido como Nick Clegg, nado o 7 de xaneiro de 1967 en Chalfont St Giles (Inglaterra), é un consultor e antigo político británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deputado no parlamento británico por unha circunscrición de Sheffield, no ano 2007 foi escollido líder do Partido Liberal Demócrata. Nas eleccións ao parlamento británico de 2010 o seu partido aumentou amplamente os votos e os escanos, e entrou nun goberno de coalición co Partido Conservador, presidido por David Cameron. Desde o 11 de maio de 2010 ocupou o cargo de viceprimeiro ministro do Reino Unido, posición que retivo toda a lexislatura. Nas eleccións de maio de 2015 o seu partido sufriu unha importante derrota e dimitiu do cargo de líder dos liberaldemócratas. Nas eleccións anticipadas de 2017 foi ademais derrotado na súa circunscrición de Sheffield e abandonou a política.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado con Miriam González Durántez, unha avogada de Valladolid.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |