(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Niihau - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Niihau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaNiihau
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago de Hawai Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Kauai, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°54′N 160°12′O / 21.9, -160.2
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude38.100 cm
381 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións10 (ancho) × 29 (lonxitude) km
Perímetro81 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPānīʻau (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie179,9 km² Editar o valor en Wikidata
Actividade
PropietarioRobinson family Editar o valor en Wikidata
Niihau desde o satélite

Niihau é a illa habitada máis pequena do arquipélago de Hawai. Ten unha área de 184 km². É unha das illas máis antigas de todo o arquipélago.

Características

[editar | editar a fonte]

A totalidade da illa é propiedade da familia Robinson. A familia Robinson comprou a illa ao reino de Hawaii por 10.000 US$ en ouro en 1872. Dise que a súa compradora, Elizabeth Sinclair (posteriormente Sinclair-Robinson), preferiu a illa a outros lugares como Waikiki, Pearl Harbor ou a illa de Lanai. Na actualidade hai unha pequena base da Mariña dos Estados Unidos.

A illa está habitada por uns poucos centos de habitantes permanentes. A maioría deles son nativos hawaianos. Os habitantes da illa dedícanse principalmente a cultivar pequenas granxas familiares. Moitos deles traballan para o rancho propiedade da familia Robinson. Os nativos hawaianos continúan falando en hawaiano (unha variedade diferenciada) e manteñen vivas as antigas tradicións. Isto débese á promesa de Ms. Sinclair de axudar a manter a cultura hawaiana e a súa tradición cando comprou a illa. Niihau é a única illa do arquipélago onde o hawaiano é a lingua principal.

Niihau coñécese tamén como a "Illa Prohibida" xa que ata pouco o acceso á illa estaba prohibido salvo para familiares, persoal militar, membros do goberno e invitados especiais da familia Robinson. Na actualidade os turistas poden acceder á illa en número limitado en tour guiados. Outros sobrenomes son a "Illa Afastada" ou a "Illa Esquecida", xa que os mapas turísticos adoitan esquecerse dela.

Xeografía e xeoloxía

[editar | editar a fonte]

En termos xeolóxicos, Ni´ihau non é a illa máis antiga das oito principais, en contra da crenza popular. Kaua'i, veciña de Ni´ihau polo nordeste, é máis antiga. Isto débese a que Ni´ihau formouse por unha abertura secundaria posterior á erupción do volcán de Kaua'i. Calcúlase que Kaua´i formouse fai 5,1 millóns de anos, mentres que parece que Ni´ihau formouse fai 4,9 millóns de anos. Ni´ihau posúe un volcán extinguido que provocou un corremento de terras cara ao leste.

A illa é relativamente árida, xa que está situada á sombra pluviométrica de Kaua'i e carece da elevación necesaria para captar unha cifra considerable de precipitacións dos ventos alisios (véxase precipitación orográfica).

A illa atópase aproximadamente a 29 km ao oeste de Kauai. As súas dimensións son de 30 km x 10 km, cunha área un 56.6% maior que a deshabitada Kaho´olawe). O cume máis alto é (Pānī´au) a 390 m por encima do nivel do mar. A Oficina Censal dos Estados Unidos define a Niihau (coa súa pequena veciña, a illa de Lehua) como a Sección Censal 410 do Condado de Kauai, Hawai. Segundo o censo do 2000 a poboación era de 160 habitantes.

Nas praias da illa atópanse cunchas que se clasifican como xemas. De feito, son as únicas cunchas clasificadas como talles. As cunchas de Niihau así como a xoiería feita a partir delas é popular e achega ingresos adicionais aos habitantes da illa.

A súa xente

[editar | editar a fonte]

A illa conta cuns 160 habitantes de carácter permanente, dos que case todos son nativos hawaianos que viven no asentamento principal da illa, Pu'uwai. Mantéñense grazas á agricultura de subsistencia e adoitan levar unha vida rural, sen apenas tecnoloxía.

Falan a lingua hawaiana, en parte grazas aos termos recollidos no contrato de compra da illa, que obrigaba aos seus novos propietarios a preservar a cultura e as tradicións hawaianas. Ni´ihau é a única das illas Hawai onde o hawaiano segue sendo a principal forma de comunicación.

Os nativos hawaianos non están illados do resto do mundo, xa que Niihau sofre secas con regularidade que en ocasións obrigan á poboación a trasladarse de forma temporal a Kaua'i, ata que as precipitacións repoñen as reservas de auga doce.

Unha das últimas queixas expresadas polos aldeáns é que os pescadores locais e os turistas están sobrepescando as augas que bañan Niihau. Xa teñen que competir nas capturas cos exemplares de foca monxe hawaiana (protexidas pola Lei de Especies en Perigo de Extinción).