(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Nippo jisho - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nippo jisho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nippo jisho (にち葡辞しょ)
Título orixinalVocabvlario da Lingoa de Iapam e にち葡辞しょ
Autor/aCompañía de Xesús
OrixeXapón
LinguaPortugués e xaponés
Tema(s)vocabulário japonês
Xénero(s)Dicionario
EditorialCompañía de Xesús
Data de pub.1603
EditorJoão Rodrigues
editar datos en Wikidata ]

O Vocabvlario da Lingoa de Iapam ou Nippo jisho (xaponés: にち葡辞しょ; "Dicionario xaponés-portugués") é un dicionario de xaponés, o primeiro elaborado para unha lingua occidental.[1] Foi creado por misioneiros xesuítas lusos e publicado en Nagasaki no 1603.[1] Inclúe 32.000 voces niponas traducidas ao portugués.[1] Existe unha versión en castelán do 1630, e outra francesa do 1869.[1]

Compilación

[editar | editar a fonte]

A Compañía de Xesús, coa colaboración de cristiáns xaponeses, compilou o dicionario ao longo de varios anos.[1] O seu obxectivo era axudar aos misioneiros no estudo do idioma.[1] Pénsase que o organizador do proxecto foi o sacerdote João Rodrigues, autor da primeira gramática nipoa, o Nihon daibunjiten 日本にっぽんだいぶん辞典じてん ("Gran dicionario do Xapón", 1604), e do Nihongo kobunten 日本語にほんごしょう文典ぶんてん ("Breve enciclopedia do xaponés"), unha introdución á lingua para os misionarios.[1][2][3] O estilo de transcrición da lingua xaponesa empregado nesta obra serviu de base para o resto de materiais xesuítas elaborados no arquipélago nipón, con escasas alteracións.[4]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

As súas entradas están ordenadas alfabeticamente.[1] Cada palabra está transcrita no alfabeto latino, seguindo as convencións portuguesas.[1] Tamén se identifican as palabras propias de dialectos rexionais, as formas faladas ou escritas, as expresións propias de mulleres ou dos nenos, os termos formais e o léxico de orixe budista.[1] Estas indicacións fornecen aos lingüistas actuais de información valiosa sobre a evolución da lingua xaponesa durante o período Sengoku.[1]

A obra tamén recolle datos sobre rimas, pronuncias individuais, significados, usos lingüísticos, nomes de plantas e animais, frases populares e costumes da época.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]