(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Noa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Noa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNoa

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) אֲחִינוֹעַם נִינִי Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Tel Aviv (Israel) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesNoa Editar o valor en Wikidata
EducaciónRimon School of Jazz and Contemporary Music (en) Traducir
Salanter Akiba Riverdale Academy (en) Traducir
Ramaz School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora, músico de jazz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop e R&B contemporáneo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, Instrumento de percusión, piano e violín Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoGeffen Records
NMC (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2009Festival de Eurovisión 2009 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAsian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webnoasmusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1088798 Facebook: AchinoamNini Twitter: noasmusic Youtube: UCxUz2ZbQtKexsCnCGREJ6pA Bandcamp: noasmusic Spotify: 6HwRSGDwpltqE6T0xQF8Xu iTunes: 698130256 Last fm: NOA Musicbrainz: 8c4ade2f-1b8e-4b87-a719-6a84c4eb1cd8 Songkick: 353848 Discogs: 74393 Allmusic: mn0000344061 Deezer: 3803521 Editar o valor en Wikidata

Achinoam Nini (en hebreo אחינועם ניני; Aẖinóʻam Nini), nada en Tel Aviv o 23 de xuño de 1969, é unha cantante israelí, coñecida como Noa fóra de Israel.[1] Actúa acompañada polo guitarrista Gil Dor e adoita tocar as congas mentres canta.[2] Noa representou a Israel no Festival de Eurovisión 2009 xunto coa cantante Mira Awad, coa canción "There Must Be Another Way".

É unha recoñecida activista propalestina en Israel e gravou cancións en árabe, inglés, francés, hebreo, italiano, castelán e hebreo iemení.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Achinoam Nini naceu en Bat Yam, Israel, nunha familia xudía iemení, e mudouse a Nova York con dous anos.[3] Asistiu á SAR Academy e á Rabbi Joseph H. Lookstein Upper School do Ramaz High School, permanecendo en Nova York ata que regresou ela soa a Israel con dezaseis anos.[4]

Completou o servizo militar obrigatorio nas Forzas de Defensa de Israel, actuando cun grupo de entretemento militar.[5] Tralo servizo, estudou música na Escola Rimon de Jazz e Música Contemporánea en Ramat Hasharon, onde coñeceu a quen foi a súa parella e colaborador habitual Gil Dor, nese momento membro do claustro da escola.[6]

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

Noa actuou no Carnegie Hall e no Avery Fisher Hall de Nova York, no Olympia de París, o Coliseo de Roma, The Barbican de Londres, o Zellerbach Auditorium en Berkeley (California), o Festival Ravinia de Chicago, o Festival de Jazz de Montreux en Suíza, o Festival de Jazz do Mar do Norte nos Países Baixos e o Festival da Auga de Estocolmo en Suecia.

Noa e Gil Dor no festival Bardentreffen de 2014

Noa e Gil Dor tiveron varios grupos dende os seus primeiros anos como dúo acústico, pero a súa relación máis longo foi co percusionista Zohar Fresco. Os grupos de Noa e Dor varían en cada álbum, tendo colaboracións dende bandas como o Solis String Quartet ata xiras con orquestras sinfónicas. A música de Noa está influída por cantautores da década de 1960 como Paul Simon, Joni Mitchell, Leonard Cohen e James Taylor. Estas sensibilidades musicais e de letras, combinadas coas raíces iemenís de Noa e a experiencia en jazz, música clásica, country e rock, crearon na música de Noa un son único recoñecible a través das centos de cancións escritas e interpretadas polo dúo. Noa toca instrumentos de percusións, a guitarra e o piano.

Noa actuando na inauguración do Instituo Peres para a Paz

En 1994, Noa interpretou a versión inglesa do Ave Maria para un público en directo de 100000 e unha audiencia televisiva de millóns de espectadores no espectáculo de clausura do Ano Internacional de Familia no Vaticano, co papa Xoán Paulo II no público.

Noa e Dor actuaron en numerosas ocasións coa Orquestra Filharmónica de Israel, coa que gravaron un álbum en directo no Mann Auditorium de Tel Aviv en 1997. Ao longo dos anos colaboraron con orquestras sinfónicas de Lille, Messina, Parma, Murcia e Florencia. En setembro de 2003, Noa interpretou a canción L'isola della Luce (pola illa grega na que a cantou), escrita especialmente para ela por Nicola Piovani. A obra foi encargada polo Comité Olímpico Cultural de Atenas. En maio de 2004, o dúo actuou co grupo israelí de ritmo e danza Mayumana entre os dous xogos final da Euroliga de baloncesto.

Xunto coa cantante árabe-israelí Mira Awad, Noa representou a Israel no Festival de Eurovisión 2009. A súa canción "There Must Be Another Way" cualificouse na primeira semifinal, mais finalmente acabou na 16.ª posición place.[7]

Embaixadora da FAO

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2003, Noa foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.[8]

Política

[editar | editar a fonte]

A pesar de que Noa foi criticada en Israel polas súas opinións políticas de extrema esquerda e o seu activismo a favor de Palestina,[9] actuou nas celebracións do Día da Independencia de Israel en Londres[10] e Vancouver.[11] Tamén é unha destacada opoñente do movemento Boicot, Desinvestimentos e Sancións, afirmando que ela mesma foi "vítima da súa actividade hipócrita e daniña".[12]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Noa está casada co pediatra Asher Barak. Teñen tres fillos.[13]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
  • Achinoam Nini and Gil Dor (1993)
  • Noa (1994)
  • Calling (1996)
  • Achinoam Nini (1997)
  • Blue Touches Blue (2000)
  • Now (2002)
  • Genes & Jeans (2008)
  • Noapolis - Noa Sings Napoli (2011)
  • The Israeli Songbook (2011)
  • Love Medicine (2015)
  • Letters to Bach (2019)
  1. Birchmeier, Jason. "Biography: Achinoam Nini". AllMusic. Consultado o 9 de abril de 2010. 
  2. "A little bit of Berklee in Tel Aviv". The Boston Globe. 6 de decembro de 1992. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  3. "Noa's biography". Goldenland.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2011. 
  4. optimistic about peace Arquivado 29 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Jewish Independent, 8 de xullo de 2011.
  5. "Life is Beautiful". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  6. Nini, Achinoam, Jewish Virtual Library
  7. "Arab-Jewish singing duo go to Eurovision on sour note". jWeekly. 7 de maio de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2009. 
  8. Still searching for another way
  9. Singer Achinoam Nini says she was threatened at airport, called 'Israel-hater' By Yaniv Kubovich and Dafna Arad, Haaretz, 22 de marzo de 2015.
  10. "DEATH THREATS FORCE ARAB ISRAELI EUROVISION SINGER TO CANCEL LONDON APPEARANCE AT ISRAEL INDEPENDENCE DAY SHOW". Consultado o 1 de maio de 2016. 
  11. "Israel to Fund Achinoam Nini’s Show in Canada After JNF Pulls Out Over BDS Claims". Consultado o 29 de setembro de 2016. 
  12. Jane Eisner, Why Accuse Israeli Singer Noa of Backing BDS, When She Rejects It Outright?, Jewish Daily Forward, 22 de febreiro de 2016
  13. Still searching for another way

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]