Nothotsuga
Nothotsuga | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Nothotsuga longibracteata' (W.C.Cheng) Hu ex C.N.Page |
Nothotsuga é un xénero de coníferas pertencente á familia Pinaceae, está estreitamente relacionado cos xéneros Keteleeria e Tsuga. Distínguese de Tsuga polos seus conos máis grandes e erectos con brácteas externas e como (Keteleeria) conos femininos en umbelas, e de Keteleeria polas súas follas máis curtas e conos máis pequenos. Nothotsuga ten unicamente unha especie, Nothotsuga longibracteata, que se atopa no sueste da China, no sur de Fujian, norte de Guangdong, nordés de Guangxi, nordés de Guizhou e sueste de Hunan.
É unha árbore perenne que acada os 30 m de altura. As follas son semellantes a agullas de 1.2–4 cm de lonxitude e 1–2 mm de largo, moi semellante a Tsuga. Os conos son moi semellantes aos de Keteleeria porén máis pequenos 2.5–5 cm de lonxitude, erectos e madurecen aos 6-8 meses logo da polinización.
É unha árbore moi rara, en perifo de extinción na vida silvestre por mor da desforestación, aínda que agora se atopa protexida. Descubriuse en 1932, e foi tratada ao principio coma Tsuga longibracteata, sendo clasificada no seu propio xénero en 1989.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nothotsuga |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nothotsuga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Conifer Specialist Group (1998). Nothotsuga longibracteata. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 11 May 2006. Listed as Endangered (EN A1c v2.3)
- Arboretum de Villardebelle - photo of cones
- Gymnosperm Database
- Flora of China