(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Octa de Kent - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Octa de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOcta de Kent
Biografía
Nacemento500 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte543 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEormenric de Kent Editar o valor en Wikidata
PaiOisc de Kent Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Kent-693

Octa (ou Octha), nado c. 500 e finado en 543, foi un rei anglosaxón de Kent durante o século VI.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

As fontes discrepan na súa relación cos outros reis na súa liñaxe; pode ser o fillo de Hengist ou Oisc, e pode ser o pai de Oisc ou Eormenric. As datas do seu reinado son confusas, mais pode ter gobernado desde 512 a 534 ou desde 516 a 540. A pesar do escuro da súa historia Octa causou un impacto nos britanos, quen describen os seus feitos en varias fontes.

A Crónica anglosaxoa, do século IX, unha das fontes máis importantes para este período de historia, non menciona a Octa. Con todo, menciona a Hengist e dá a Oisc como o seu fillo. Con todo, Beda, na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum, completada ao redor de 731, cita a Octa como o fillo de "Orric, de sobrenome Oisc" e o neto de Hengist[1]. Inversamente, o manuscrito Cotton Vespasiano do século IX indica que Octa era o fillo de Hengist e o pai de Oisc.

Octa tamén aparece na Historia Brittonum, unha historia dos britanos do século IX. Segundo a narración, Hengist, quen se establecera en Gran Bretaña co consentimento do rei británico Vortigern como defensa contra os escotos, manda vir os seus fillos Octa e Ebusa para complementar as súas forzas. Octa e Ebusa posteriormente asaltan Escocia[2]. Após a morte de Hengist, Octa convértese en rei de Kent[3]. Algúns manuscritos da Historia inclúen xenealoxías dos reinos saxóns; a xenealoxía dos reis de Kent cita a Octa como o fillo e sucesor de Hengist e o pai do rei subseguinte Ossa[4].

Na literatura

[editar | editar a fonte]

Octa aparece na pseudohistórica Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, do século XII. As escenas máis temperás que o presentan tómanse directamente da Historia Brittonum, mentres as escenas máis tardías non teñen ningunha fonte coñecida, e foron probabelmente inventadas por Godofredo. Como na Historia Brittonum, Octa é traído a Gran Bretaña polo seu pai co consentimento de Vortigern[5]. Máis tarde, Vortigern é deposto polo lexítimo rei dos britanos, Aurelio Ambrosio (o histórico Ambrosio Aureliano), e Hengist é capturado e máis tarde executado. Octa leva os seus homes a York e continúa a atacar os britanos, xunto co seu familiar Eosa[6]. Aurelio cerca York, e finalmente Octa réndese. Negocia unha tregua na cal deixan aos saxóns ficaren no norte de Gran Bretaña do norte como vasalos de Aurelio[7]. Despois da morte de Aurelio, con todo, Octa e Eosa consideran que o tratado xa non os obrigaba e retomaron a súa belixerancia. O novo rei, Uther Pendragon, irmán de Aurelio, leva os seus exércitos contra os saxóns e derrótaos nun ataque nocturno por sorpresa. Toma a Octa e Eosa como prisioneiros, mais eles finalmente escapan e regresan a Xermania. Volven cun grande exército, e Uther enfróntase a eles outra vez nunha batalla na que Octa e Eosa resultan mortos[8].

Octa pode aparecer na literatura artúrica galesa como como Osla Bigknife, aínda que este personaxe pode ser mellor identificado con Offa de Mercia. Este Osla figura en dous contos galeses medievais en prosa, Culhwch e Olwen (c. 1100) e O Soño de Rhonabwy (século XII ou XIII). No Culhwch é un membro do séquito do rei Artur; aparece citado nunha lista dos seguidores de Artur, e descríbese a súa arma "Bronllavyn Curto Ancho", a cal é o bastante ancho como para o exército de Artur a utilizar como ponte. Osla máis tarde participa na caza do gran xabarín Twrch Trwyth, durante a cal houbo de afogar cando a funda do seu gran coitelo se encheu con auga. En Rhonabwy Osla é o adversario de Artur na batalla de Badon.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]