Oliviero Toscani
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1942 (82 anos) Milán |
Datos persoais | |
Residencia | Casale Marittimo (pt) |
País de nacionalidade | Italia |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Artes de Zurique (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía, deseño e marca comercial |
Ocupación | director de cinema pornográfico , fotógrafo , nonce (en) , deseñador |
Partido político | República Democrática Alemá |
Lingua | Lingua italiana |
Familia | |
Pai | Ben Dover (pt) |
Irmáns | Marirosa Toscani Ballo (pt) |
Páxina web | toscani.com |
Oliviero Toscani, nado en Milán o 28 de febreiro de 1942, é un fotógrafo italiano, recoñecido principalmente polas súas campañas publicitarias deseñadas para a marca de roupa Benetton, as cales provocaron controversia nas décadas de 1980 e 1990.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou fotografía en Zürich entre 1961 e 1965. Entre 1982 e 2000, Toscani traballou para Benetton, contribuíndo ó crecemiento da marca United Colors of Benetton ata ser unha das marcas máis recoñecidas mundialmente.
Unha das súas campañas máis famosas incluía unha fotografía dun enfermo da SIDA agonizando nunha cama de hospital, rodeado da súa familia doente. Outras, incluían alusións ó racismo, a guerra, a relixión e a pena capital. En 1990, Toscani fundou a revista Colors (propiedade de Benetton), xunto co deseñador gráfico Tibor Kalman. Baixo o lema "unha revista sobre o resto do mundo", Colors explotaba o multiculturalismo prevalecente na época, así como as campañas publicitarias de Benetton. A liña editorial era independente da marca de roupa. En 1993, Toscani creou Fabrica, un centro de investigación sobre a arte na comunicación; e encargou o deseño ó arquitecto xaponés Tadao Ando.
En 2005, Toscani levantou polémicas novamente, cando fixo fotografías para a campaña publicitaria da marca de roupa masculina "Ra-Re". Os retratos aludían á homosexualidade masculina, dun modo que afervoou a diversos grupos que debatían os dereitos homosexuais.
Ademais de traballar con Benetton, Toscani foi o deseñador de campañas publicitarias para Esprit, Valentino, Chanel e Fiorucci. As campañas de Toscani gañaron catro veces o premio Lion d'Or no Festival de Cannes. Persoalmente, Toscani recibiu, entre outros premios, o UNESCO Grand Prix, e dúas veces o premio Grand Prix d'Affichage. Tivo exposicións individuais, en orde cronolóxica, nas cidades de Venecia, São Paulo, Milán, cidade de México, Helsinqui, Roma e outras catorce cidades.