Orora Gongju
Princess Aurora | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Orora Gongju 오로라공주 |
Director | Bang Eun-jin |
Guión | Bang Eun-jin Kim Chang-rae Seo Min-hee |
Intérpretes | Uhm Jung-hwa Moon Sung-keun |
Música | Jae-hyeong Jeong |
Fotografía | Yeong-hwan Choi |
Distribuidora | Cinema Service |
Estrea | 2005 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
Orora Gongju (en hangul 오로라공주) é un filme surcoreano dirixido por Bang Eun-jin que se estreou no 2005. Malia que se estreou con menos promoción, a súa temática violenta valeulle a comparación co filme Sympathy for Lady Vengeance, estreado o mesmo ano. Foi o debut como director e guionista da actriz Bang Eun-jin.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha muller é asasinada nuns grandes almacéns. Ninguén se imaxina que os asasinatos seguirán, pero dous días despois aparece outra vítima. Unha muller é afogada e a única proba na escena do crime é un adhesivo cunha personaxe de debuxos animados, "Princess Aurora". Un veterano detective comeza a sospeitar da fermosa Jung Sun jung pero non llo di a ninguén, xa que Jung é a súa ex muller. Os asasinatos seguen e o adhesivo de "Princess Aurora" atópase ó carón de tódolos cadáveres.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Nomeado - Mellor actor novel - Bang Eun-jin
2006 Paeksang Arts Awards
- Nomeado - Mellor actriz Uhm Jung-hwa
- Nomeado - Mellor director novel - Bang Eun-jin
2006 Pusan Film Critics Awards
- Mellor actriz - Uhm Jung-hwa