Pablo Gargallo
(1909) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pablo Emilio Gargallo Catalán 5 de xaneiro de 1881 Maella, España |
Morte | 28 de decembro de 1934 (53 anos) Reus, España |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc |
Educación | Escola de Llotja (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura e pintura |
Lugar de traballo | París (1924–1934) Barcelona (1914–1924) París (1912–1914) París (1906–1909) Barcelona (1904–1911) París (1903–1904) Barcelona (1900–1903) |
Ocupación | pintor, deseñador de xoias, escultor, artista visual |
Influencias | |
Participou en | |
2009 | Von Picasso bis Warhol Künstlerschmuck der Avantgarde (pt) |
De Calder à Koons, Bijoux d'Artistes, La Collection Idéale de Diane Venet (pt) | |
Descrito pola fonte | hedendaagsesieraden.nl (pt) |
Pablo Emilio Gargallo Catalán, nado en Maella (Zaragoza) o 5 de xaneiro de 1881 e finado en Reus (Tarragona) o 28 de decembro de 1934, foi un escultor e pintor aragonés, considerado como un dos escultores máis importantes e innovadores do século XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mudouse coa súa familia para Barcelona en 1888, onde comezou a formación artística. Aí foi discípulo de Eusebi Arnau e colaborou nalgunhas das súas obras. Relacionouse tamén cos artistas de "Els Quatre Gats", como Isidre Nonell ou Picasso. Parte da súa vida pasouna no barrio de Montparnasse de París. En 1900, na "cidade da luz", viviu nunha comuna de artistas Le Bateau-Lavoir, con Max Jacob, Juan Gris e outros artistas, incluíndo o seu amigo Picasso (de quen modelou a súa cabeza nunha escultura). No ano seguinte, Juan Gris presentoulle a Magali Tartanson, coa que casou en 1915. En 1934 desenvolveu unha forte pneumonía, morrendo en Reus (Tarragona), onde fora para inaugurar unha exposición da súa obra.
Estilo
[editar | editar a fonte]Gargallo, influído polo seu amigo, o tamén escultor, Julio González, desenvolveu un estilo escultórico baseado na creación de obxectos tridimensionals de placas planas de metal, empregando tamén papel e cartón como materiais. Moitas das obras amosan unha sorte de minimalismo. Por exemplo, só se mostra a metade dunha cara e pode que só teña un ollo. Porén realizou esculturas máis tradicionals en bronce, mármore e outros materiais. Entre as súas obras áchanse tres pezas inspiradas en Greta Garbo: Masque de Greta Garbo à la mèche, Tête de Greta et los Garbo avec chapeau e Masque de Greta Garbo aux cils (1929).
Moi probabelmente, a súa realización máis coñecida e a súa obra mestra sexa O Profeta, de 1933, que mostra o seu concepto cubista da escultura de vulto; á vez posúe unha enerxía expresionista que liga, polo tema tratado, coa tradición da Biblia.
Cóidase que foi un dos artistas máis significativos da avangarda internacional.
Museo Pablo Gargallo
[editar | editar a fonte]En 1985 foi inaugurado o Museo Pablo Gargallo no Palazio Arguillo de Zaragoza .
O Museo conta cun moi bo centro de documentación sobre o artista. Ademais, conta cun importante fondo documental sobre outros escultores contemporáneos.
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- Retrato de Pablo Picasso (1912).
- O virtuoso (1921).
- A muller com parasol (1921).
- Kiki de Montparnasse (1928).
- Moza de Caspe (1929).
- Bailarina española (1931).
- O Profeta (1933).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pablo Gargallo |