Paronimia
Aparencia
A paronimia é unha relación semántica entre dúas (ou máis) palabras semellantes no son, pero que se escriben de forma diferente e teñen significados distintos.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- aceitar (poñer aceite) – aceptar (admitir).
- actuar (representar) – atuar (tratar de ti).
- coar (filtrar) – colar (adorno).
- concelleiro (do concello) – conselleiro (do consello).
- enoloxía (viños) – etnoloxía (pobos).
- enxerir (enxertar) – inxerir (tragar) – inserir (introducir).
- esgrevio (áspero, dificultoso) – egrexio (ilustre, insigne).
- especia (condimento) – especie (tipo, clase).
- esterno (óso) – externo (exterior).
- flamenco (canto) – flamengo (ave, Flandres).
- furna (caverna mariña) – urna (caixa para as votacións).
- medicina (ciencia, medicamento) – menciña (medicamento).
- misto (fósforo) – mixto (mesturado).
- rola (paxaro) – rolla (tapón).
- seo (peito) – seno (no triángulo).
- sono (gana ou acto de durmir) – soño (imaxes oníricas).
- triunfo (vitoria) – trunfo (naipe).