Pat Garrity
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 23 de agosto de 1976 (48 anos) Las Vegas, Nevada |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 108 kg (238 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Lewis-Palmer (Monument, Colorado) |
Universidade | Notre Dame (1994–1998) |
NBA Draft | 1998 / Rolda: 1 / Elección: 19 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | 1998–2008 |
Historial de equipos | |
Phoenix Suns (1998–1999) Orlando Magic (1999–2008) |
Patrick Joseph Garrity, nado o 23 de agosto de 1976 en Las Vegas, Nevada, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Garrity foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Milwaukee Bucks. Os Bucks traspasaron os seus dereitos xunto os de Dirk Nowitzki ós Dallas Mavericks, a cambio dos dereitos de Robert Traylor.[1] Despois foi traspasado de novo xunto a Martin Müürsepp, Bubba Wells e unha elección da primeira rolda do Draft ós Phoenix Suns, a cambio de Steve Nash.[2] Na súa tempada de rookie en Phoenix, acadou 5.6 puntos en 39 partidos xogados.
Tras a súa primeira tempada na liga, foi traspasado xunto a Danny Manning e dúas futuras eleccións do Draft ós Orlando Magic, a cambio de Penny Hardaway. Xogou durante nove tempadas en Orlando antes de anunciar a súa retirada o 11 de setembro de 2008.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wise, Mike (June 25, 1998). "Pro Basketball; 7 Feet 1 Inch of Potential at No. 1". The New York Times. Consultado o 2010-03-07.
- ↑ MacMullan, Jackie (1998-07-06). "The Nba". Sports Illustrated. Consultado o 2010-03-07.
- ↑ Pat Garrity Retires
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 12 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)