Pato chupón
Pato chupón Aythya ferina | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Aythya ferina (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Área de distribución de Aythya ferina
En verde, área de cría En azul escuro, área de ocupación permanente En azul, área de invernada | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O pato chupón, Aythya ferina, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos aitinos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 126 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas ferina.[2] [3][4]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Aythya.
O epíteto específico, ferina, está tirado do adxectivo latino frīnus, -a, -um "áspero", "agreste", "salvaxe".[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Anas ferina Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Athya ferina (Linnaeus, 1758)
- Fuligula ferina Linnaeus, 1758
- Nyroca ferina (Linnaeus, 1758)
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, a especie foi descrita por Linneo, incuíndoa no xénero Anas. Posteriormente fue trasladada ao xénero Aythya, creado por Friedrich Boie en 1822.[6]
É unha especie monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies diferenciadas.[7]
Características
[editar | editar a fonte]É un pato mergullador de tamaño medio, co pescozo relativamente curto e unha característica cabeza de forma triangular. Mide entre 42 e 49 cm de longo e tene unha envergadura alar de 72 a 82 cm.[8][9]
O macho adulto ten a cabeza e o pescozo dunha cor castaña avermellada. A maior parte da súa plumaxe é gris clara, salvo dúas zonas negras nas súas partes frontal (peito e parte superior do manto) e caudal. Ten o pico longo, cunha ancha franxa escura na súa base seguida por unna banda gris abracazada e a punta negra. O iris dos seus ollos é vermello. A femia adulta ten a parte frontal parda (cabeza, colo e peito) e a traseira parda agrisada, con algunhas zonas máis claras no rostro, especialmente unha liña branca ao redor dos ollos (que forma, ás veces, o deseño duns anteollos), e na zona media do cuerpo. O seu pico ten a zona gris máis estreita ca do macho, e os seus ollos son castaños. O macho en plumaxe de eclipse parécese á femia, aínda que co dorso máis gris e sen marcas claras no rostro.
O macho é característico entre os parrulos europeos pola cabeza e o pescozo de cor castaño-vermella, o peito negro e o lombo da cor da prata, o bico escuro e os ollos vermellos. É de aspecto semellante a dúas especies americanas: Aythya americana e Aythya valisineria.
É unha das especies incluídas no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA).
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O pato chupón común é unha ave migratoria como a maioría dos patos. A espeices europeas son patos mergulladores que se alimentan principalmente de plantas acuáticas.
A área de cría de Anas ferina esténdese por unha ampla franxa de Eurasia, desde o sur de Escandinavia e as illas Británicas, percorrendo o interior de Asia, os arredores do lago Baikal até o sueste de Siberia e o norte da China. Os principais centros reprodutivos en Europa son Bélxica, os Países Baixos, partes do norte e do leste de Francia e a Europa central e oriental. En cambio, no oeste de Francia, España e Portugal, só hai unha zonas diseminadas onde cría e é máis habitual encontralo só como un visitante invernal.[10]
No límite setentrional da súa área de distribución percorre o golfo de Botnia, o centro de Finlandia e Carelia e se prolonga até o sur de Siberia. Nas últimas décadas a especie ampliou a súa área de distribución cara ao oeste a ao norte, ocupando o sur de Suecia nas décadas de 1920 e 1930. Desde 1954, a especie reprodúcese tamén de forma esporádica en Islandia. A colonización dalgunhas zonas de Francia levouse a cabo só nas últimas décadas do século XX.[10]
Os patos chupóns son aves migratorias que pasan o inverno en zonas do sur e o oeste de Europa, África do Norte, chegando incluso a algúns lugares ao sur do Sáhara, como Senegal, Malí e o lago Chad, e a totalidade da conca do Nilo, e tamén chegan a gran parte do sur de Asia, chegando até o sur da China, e tamén alcanzan as illas do extremo oriente: Sakhalin, o arquipélago xaponés, Taiwán e Hainan, chegando até Luzón no norte das Filipinas.[10]
O seu hábitat de reprodución son os lagos e lagoas tanto someros como relativamente profundos con vevetación densa circundante. Fóra da época de cría pode encontrarse ademais de nos lagos en todo tipo de auga doce abertos e ríos de augas lentas, ademais de en marismas salobres, albufeiras e baías resgardadas.
Na Península Ibérica
[editar | editar a fonte]Na Península Ibérica cría en áreas restrinxidas do leste, no centro e na desembocadura do río Guadalquivir.
Poboación na Galiza
[editar | editar a fonte]Na Galiza o pato chupón é unha ave invernante habitual a partir do mes de novembro. A súa poboación invernante está a medrar debido a que a especie atópase en expansión. Actualmente cría localizadamente no noroeste da provincia de Ourense.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Comportamento
[editar | editar a fonte]Son aves gregarias, que forman grandes bandadas en inverno, moitas veces mesturadas con outras especies de patos mergulladores como Aythya fuligula, co que ás veces hibrida.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntanse mergullándose en augas pouco profundas tanto de día como pola noite. A súa dieta componse principalmente de plantas acuáticas que toman do fondo, en profundidades entre 1 e 3,5 m, aínda que a complementan (aproximadamente nun 15%) con pequenos animais como insectos acuáticos, pequenos peixes e moluscos.[11]
Aínda que seu voo é rápido e potente, a engalaxe da auga é difícil, e a maioría só consegue elevarse tras moito esforzo patexando na auga.
Por iso, e a diferenza doutros patos, estes adoitan mergullarse para escapar dun perigo inminente.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O pato chupón alcanza a madurez sexual tras o primeiro ano de vida, aínda que na maioría dos casos reprodúcese por primeira vez no seu terceiro ano de vida. A partir de entón establece distintas parellas cada temporada.[12]
Os emparellamentos prodúcense en marzo, cando os patos europeos chegaron aos seus cuarteis reprodutivos. O cortexo nupcial redúcese a algúns movementos de cabeza do macho, acompañados de asubíos nasais. O vínculo da parella só dura o período primaveral. O macho abandona á femia en canto empeza a incubación, e ela se encargará soa da crianza da niñada.
A localización do niño é elixido pola femia. Sitúao entre a vexetación da ribeira, ben sexa xusto sobre a auga na vexetación flotante, o ben escondido nalgún illote. Raramente fai o niño dentro dun tronco ou lomxe da beira. Constrúe o niño acumulando plantas acuáticas, ramiñas e herba seca, e recobre seu interior con penuxe.
A posta adoita realizarse entre maio e xuño, e normalmente é de seis a nove ovos. A eclosión prodúcese tras vinte e cinco días de incubación. Os patiños son nidífugos, e pronto seguen á súa nai e son capaces de voar ás dez semanas.
O exemplar anelado máis lonxevo encontrouse no Reino Unido e tiña vinte e dous anos e tres meses.[12]
Nome común noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Tafelente
- Danés: Taffeland
- Español: Porrón común
- Finlandés: Punasotka
- Francés: Fuligule milouin
- Húngaro: Barátréce
- Inglés: Pochard
- Italiano: Moriglione
- Lituano: Rudagalve antis
- Neerlandés: Tafeleend
- Noruegués: Taffeland
- Polaco: głowienka, kaczka rdzawogłowa
- Portugués: zarro, zarro comum, zarro-comum
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Aythya ferina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Caroli Linnæi. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii p. 126.
- ↑ 3,0 3,1 Aythya ferina (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 8 de decembro de 2022.
- ↑ Aythya ferina (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consultada o 8 de decembro de 2022.
- ↑ ferino en nome.me/pt.
- ↑ Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
- ↑ Frank Gill & David Donsker. Screamers, ducks, geese & swans. IOC World Bird List. Versión 5.1.
- ↑ Mark Beaman & Steve Madge (1998): Guía de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-2820-946-4, p. 142.
- ↑ Berte Bruun & Arthur Siger (1971): Guía de las aves de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, p. 58.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Erich Rutschke (1988): Die Wildenten Europas – Biologie, Ökologie, Verhalten. Wiesbaden: Aula Verlag. ISBN 3-8910-4449-6, pp. 251-253,
- ↑ Ogilvie, Malcolm A. (1986). "Tufted Duck". En Lack, Peter. The Atlas of Wintering Birds in Britain and Ireland. Londres: T & AD Poyser. p. 104. ISBN 978-1-4081-3828-1. Consultado o 8 de decembro de 2022.
- ↑ 12,0 12,1 Hans-Günther Bauer, Einhard Bezzel & Wolfgang Fiedler, eds. (2005): Das Kompendium der Vögel Mitteleuropas: Alles über Biologie, Gefährdung und Schutz. Tomo 1: Nonpasseriformes – Nichtsperlingsvögel. Wiesbaden: Aula-Verlag Wiebelsheim. ISBN 3-8910-4647-2, pp. 111-113.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pato chupón |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pato chupón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. (Ducks, Geese and Swans). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
- del Hoyo, J., Elliot, A. & Sargatal, J. (1992): Handbook of the Birds of the World, Volume 1: Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-10-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Porrón Europeo (Aythya ferina) (en castelán).
- Vídeos sobre o pato chupón en Internet Bird Collection
- Artigo e fotos sobre o pato chupón en Tierdoku.com Arquivado 12 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (en alemán).