Patty Duke
Anna Marie "Patty" Duke, nada en Nova York o 14 de decembro de 1946 e finada nos Ánxeles o 29 de marzo de 2016[1] foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Duke naceu en Queens, filla máis nova de Frances McMahon e John Brock Duke. A súa infancia cos seus irmáns Raymond e Carol foi dura. O seu pai era alcohólico e a súa nai sufriu depresión clínica. Cando Duke tiña seis anos a súa nai botou o seu pai da casa e con seis deixouna ao coidado de John e Ethel Ross, que se converterían nos seus representantes, promovéndoa como actriz infantil.
Os métodos dos Ross eran en ocasións explotadores e sen escrúpulos; dicían que Duke era dous anos máis novas do que realmente era e inchaban o seu currículo con créditos falsos.[2] Foi Ethel Ross quen ordenou o cambio de nome: "Anna Marie morreu; agora es Patty". Esperaban que "Patty Duke" duplicaría o éxito da actriz Patty McCormack.[3] Esta acción tería dolorosas repercusións no futuro.[3]
Un dos primeiros traballos interpretativos de Duke foi na telenovela The Brighter Day, a finais da década de 1950. Tamén apareceu en anuncios. Aos doce anos gañou 32 000 dólares no programa The $64,000 Question.
O primeiro papel protagonista foi o de Helen Keller, con Anne Bancroft como Annie Sullivan na obra de Broadway The Miracle Worker, que durou dous anos. A obra foi adaptada no filme O milagre de Anna Sullivan, polo que Duke recibiu o Oscar á mellor actriz secundaria. Nese momento foi a persoa máis nova en gañar un Oscar nunha categoría competitiva.
En 1963 recibiu a súa propia serie, The Patty Duke Show, creado especialmente para ela por Sidney Sheldon. Sheldon pediu a Duke pasar unha semana coa súa familia para conseguir ideas. Nese momento non se sabía que Duke tiña desorde bipolar, mais Sheldon notou que a súa personalidade tiña distintas facetas, desenvolvendo o concepto das primas idénticas con personalidades opostas. A serie durou tres temporadas e foi revisitada en 1999 en The Patty Duke Show: Still Rockin' In Brooklyn Heights. Durante esta década tamén tivo unha carreira de éxito como cantante.
A pesar do éxito na súa carreira, Duke pasou os anos de adolescencia triste. Os Ross esforzábanse en mostrala como unha rapaza normal, mais ela indicou no seu libro de memorias Call Me Anna que era unha prisioneira deles e tiña pouco control sobre as súas ganancias. Os Ross controlábana a ela e a súa nai déixandolle só unha pequena cantidade de diñeiro para sobrevivir. Tamén comezaron a dar a Duke alcohol e drogras legais cando tiña trece anos; isto, xunto co seu trastorno bipolar sen diagnosticar contribuíu aos seus problemas de abuso de substancias. De adulta tamén acusou os Ross de abuso sexual. Cando cumpriu dezaoito anos quedou libre deles, descubrindo que gastaran a maior parte das súas ganancias, violando a Coogan Act.
En 1967 Duke intentou comezar a súa carreira como actriz adulta interpretando a Neely O'Hara en Valley of the Dolls. O filme foi un éxito, pero o público e a crítica tiveron dificultades para aceptar a adolescente Duke como cantante alcohólica e drogadicta. O filme case arruinou a súa carreira.
Volveu á televisión en 1970 e traballou especialmente no medio desde mediados da década de 1970 ata principios dos 2000. En 1990 interpretouse a ela mesma na versión televisia da súa autobiografía Call Me Anna.
Na década seguinte reduciu o seu traballo. En 2002 volveu ao teatro en Nova York e en 2007 apareceu en The Oprah Winfrey Show para falar do trastorno bipolar.
En maio de 2011 dirixiu unha versión teatral de The Miracle Worker en Interplayers Theater en Spokane, Washington.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1958 | Country Music Holiday | Sis Brand | |
1958 | The Goddess | Emily Ann Faulkner, aos 8 anos | |
1959 | 4D Man | Marjorie Sutherland | |
1959 | Happy Anniversary | Debbie Walters | |
1962 | O milagre de Anna Sullivan | Helen Keller | |
1965 | Billie | Billie Carol | |
1966 | The Daydreamer | Thumbelina | Voz |
1967 | Think Twentieth | Ela mesma | Curtametraxe |
1967 | Valley of the Dolls | Neely O'Hara | |
1969 | Me, Natalie | Natalie Miller | |
1972 | You'll Like My Mother | Francesca Kinsolving | |
1978 | O enxame | Rita | |
1982 | By Design | Helen | |
1986 | Willy/Milly | Doris Niceman | Títulos alternativos: I Was a Teenage Boy Something Special |
1992 | Prelude to a Kiss | Mrs. Boyle | |
1999 | Kimberly | Dr. Feinstenberger | Título alternativo: Daddy Who? |
2005 | Bigger Than the Sky | Mrs. Keene/Earlene | |
2006 | Falling In Love With The Girl Next Door | ||
2008 | The Four Children of Tander Welch | Susan Metler | |
2012 | Amazing Love | Helen |
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1963–66 | The Patty Duke Show | Patty Lane/Cathy Lane | 104 episodios |
1967 | O Virxiniano | Sue Ann MacRae | "Sue Ann" temporada 5, episodio 16 |
1970 | My Sweet Charlie | Marlene Chambers | Telefilme |
1971 | If Tomorrow Comes | Eileen Phillips | Telefilme |
1971 | She Waits | Laura Wilson | Telefilme |
1972 | Deadly Harvest | Jenny | Telefilme |
1973 | Hawaii Five-O | Toni | Temporada 5, episodio 15 "Thanks for the Honeymoon" |
1974 | Nightmare | Jan | Telefilme |
1975 | Police Woman | LaRue Collins | Co seu entón marido John Astin na temporada 1 / Episodio 18 "Nothing Left to Lose" |
1976 | Look What's Happened to Rosemary's Baby | Rosemary Woodhouse | Telefilme |
1976 | Captains and the Kings | Bernadette Hennessey Armagh | Miniserie |
1978 | A Family Upside Down | Wendy | Telefilme |
1978 | Having Babies III | Leslee Wexler | |
1979 | Before and After | Carole Matthews | Telefilme |
1979 | The Miracle Worker | Annie Sullivan | Telefilme |
1980 | The Babysitter | Liz Benedict | Telefilme |
1980 | The Women's Room | Lily | Telefilme |
1981 | The Girl on the Edge of Town | Martha | Telefilme |
1981 | The Violation of Sarah McDavid | Sarah McDavid | Telefilme |
1981 | Please Don't Hit Me, Mom | Barbara Reynolds | Telefilme (co seu fillo, Sean Astin) |
1982 | It Takes Two | Molly Quinn | Serie de televisión |
1983 | September Gun | Sister Dolcina | Telefilme |
1984 | Best Kept Secrets | Laura Dietz | Telefilme |
1984 | Insight | Sen nome | Episodio: The Hit Man |
1984 | George Washington | Martha Washington | Miniserie |
1985 | Hail to the Chief | President Julia Mansfield | Serie de televisión |
1986 | A Time to Triumph | Concetta Hassan | Docudrama |
1987 | Fight for Life | Shirley Abrams | Docudrama |
1987 | Karen's Song | Karen Matthews | |
1988 | Fatal Judgement | Anne Capute | Telefilme |
1990 | Always Remember I Love You | Ruth Monroe | Telefilme |
1990 | Call Me Anna | Ela mesma | Docudrama |
1991 | A Killer Among Friends | Jean Monroe | Telefilme |
1991 | The Torkelsons | Wesley Hodges' daughter-in-law | 1 episodio ("Return to Sender") |
1991 | Absolute Strangers | Judge Ray | Docudrama |
1992 | Last Wish | Betty Rollin | Docudrama |
1993 | A Matter of Justice | Mary Brown | Docudrama |
1994 | Cries from the Heart | Terry Wilson | Telefilme |
1995 | When the Vows Break | Barbara Parker | Docudrama |
1995 | Amazing Grace | Hannah Miller | 5 episodios |
1996 | Harvest of Fire | Annie Beiler | Telefilme |
1996 | Race Against Time: The Search for Sarah | Natalie | Telefilme |
1997 | A Christmas Memory | Sook Faulk | Telefilme |
1997 | Frasier | Caller | 1 episodio |
1998 | The Patty Duke Show: Still Rockin' in Brooklyn Heights | Patty Lane/Cathy Lane MacAllister | Telefilme |
1998 | The Disappearing Act | Faye Dolan | Telefilme |
1998–2003 | Touched by an Angel | Jean | 3 episodios |
1999 | A Season for Miracles | Angel | Telefilme |
2000 | Miracle on the Mountain: The Kincaid Family Story | Anne Kincaid | Docudrama televisivo |
2002 | Little John | Sylvia | Telefilme |
2004 | Murder without Conviction | Mother Joseph | Telefilme |
2004 | Judging Amy | Valerie Bing | 1 episodio |
2006 | Falling in Love with the Girl Next Door | Bridget Connelly | Telefilme |
2009 | Love Finds a Home | Mary Watson | Telefilme |
2010 | Unanswered Prayers | Irene | Telefilme |
2011 | Hawaii 5-0 | Sylvia Spencer | 1 episodio |
2013 | Glee | Jan | 1 episodio |
2015 | Liv and Maddie | Avoa | 1 episodio |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1]
- ↑ "TV Preview: Patty Duke pairs off again as 'Identical cousins'". Pittsburghpostgazette.com. 27 de abril de 1999. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 4 de agosto de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 "Biography". Officialpattyduke.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2003. Consultado o 4 de agosto de 2010.
- ↑ Jim (7 de maio de 2011). "Review of Duke-directed 'Miracle Worker' - Spotlight - Spokesman.com - May 7, 2011". Spokesman.com. Consultado o 3 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patty Duke |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Patty Duke na IMDb (en inglés).
- When Young Stars Burn Out MSN Movies
- Celebrity Spokesperson Patty Duke Says "Retire Online, It’s So Easy!" (Social Security Public Service Announcements)