Peixe sapo
O peixe sapo é un peixe do xénero Lophius moi apreciado en gastronomía.
Polo seu contido en graxa é un peixe dos denominados brancos, xa que para chamarse azuis deberán posuír máis dun 5% de materia graxa na súa composición e o peixe sapo, incluíndo a súa pel, ten un 4,5%, o que o situaría en semi-branco e sen ela, non chega ao 2%.
Variedades
[editar | editar a fonte]Existen dúas variedades de peixe sapo: o branco ou Lophius piscatorius e o negro ou Lophius budegassa (Spinola, 1807). A diferenza entre ambas as especies estriba na cor da membrana que cobre a cavidade abdominal de ambos os animais, chamada peritoneo. Esta vinza ou pel é branca no primeiro e negra no segundo, o cal determina o seu nome.
O Lophius piscatorius, de peritoneo branco, é tamén chamado xuliana, é moi insípido e ten unha carne correúda [Cómpre referencia]. O Luphius budegassa é tamén chamado rabada e peixe tamboril.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Peixe sapo á galega
-
Museo da Salga, O Grove