Pelecanus rufescens
Pelecanus rufescens | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pelecanus rufescens' Gmelin, 1789 |
Pelecanus rufescens é unha especie de aves do xénero dos pelicanos. Vive e reprodúcese nos pantanos e lagos de pouco fondo de África, sur da península Arábiga, sur da India e actualmente parece que desapareceu de Madagascar.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un pelicano relativamente pequeno, pero aínda así unha ave grande. A súa lonxitude vai de 125 a 155 cm, a envergadura de ás está entre 2,15 e 2,9 m e a masa corporal é de 4 a 7 kg. O peteiro mide de 30 a 38 cm de lonxitude.[2][3] A súa plumaxe é gris e branca, con tons rosas nas costas ocasionalmente aparentes, que nunca son dun rosa tan forte coma nos flamengos, pero que lle valeron o nome que ten nalgúns idiomas de pelicano rosado ou de costas rosadas e tamén o seu nome científico (rufescens). A parte superior do peteiro é amarelo e a bolsa é xeralmente griseira. Os adultos reprodutores teñen penachos de plumas longas na cabeza.
Comparte o seu hábitat co pelicano branco, que é xeralmente máis grande e ten plumaxe branca en vez de gris.
Hábitat e reprodución
[editar | editar a fonte]O P. rufescens vive en diversos hábitats acuáticos, mais prefire as augas remansadas e pouco fondas, evitando as ribeiras costentas, ou con moita vexetación. Prefire lagos de augas doces, pantanos, ríos grandes de correntes calmas, e pozas estacionais, pero tamén frecuenta encoros, terras asolagadas estacionalmente e chairas asolagadas nas desembocaduras de ríos. Pode aparecer en lagos e lagoas alcalinos e salinos, e ás veces ao longo da costa en baías e estuarios (pero é raro en costas abertas). A especie tende a descansar e reproducirse nas árbores (por exemplo mangleiros), pero tamén en illas areentas, acantilados, arrecifes de coral e dunas.
As árbores usadas para a nidación conteñen moitos niños construídos próximos. Estes niños son reutilizados todos os anos ata que as árbores caen, aínda que, malia todo, as aves permanecen na área. A especie aniña colonialmente en árbores, xunqueiras ou arbustos baixos ao longo das ribeiras e tamén con menos frecuencia en illas areentas e en mangleirais.
O niño é unha gran morea de poliñas e pode ter unha altura de 10 a 50 m desde o chan. A femia pon dous ou tres ovos brancos grandes. As crías aliméntanse metendo a cabeza dentro da bolsa do adulto para coller comida regurxitada parcialmente dixerida.
Dieta
[editar | editar a fonte]O alimento é xeralmente peixe (de peso de ata 450 g, xeralmente entre 80 e 290 g) e anfibios, e obtéñenos xeralmente pescando en grupos. Entre os peixes que depredan están cíclidos como Haplochromis e Tilapia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Pelecanus rufescens". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ [1] (2011).
- ↑ [2] Arquivado 25 de abril de 2012 en Wayback Machine. (2011).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pink-backed Pelican Pelecanus rufescens Arquivado 23 de abril de 2016 en Wayback Machine. en BirdLife International
- Pinkbacked Pelican en The Atlas of Southern African Birds