(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Perseus - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Perseus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perseus
Perseus
Nome latino Perseus
Abreviatura Per
Xenitivo Persei
Simboloxía Perseo
Ascensión recta 3 h
Declinación 45°
Área 615 graos cadrados

Rango 24º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante αあるふぁ Per (Mirfak)

(magnitude ap. 1.79)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −35°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de decembro

Perseus ou Perseo[1] é unha constelación do norte e representa a Perseo, heroe mitolóxico que decapitou a Medusa. É unha das 48 constelacións de Tolomeo así coma unha das 88 constelacións modernas. Nela está a famosa variable Algol (βべーた Persei), e nela acontece a chuvia de meteoros das Perseidas.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Obxectos notables de espazo profundo

[editar | editar a fonte]
Perseus.

Visualización gráfica

[editar | editar a fonte]
Diagrama do xeito alternativo de conecta-las estrelas da constelación Perseus.

As estrelas da constelación Perseus poden ser conectadas dun xeito alternativo.

O corpo de Perseus está formado polas estrelas βべーた Per, κかっぱ Per, ιいおた Per, αあるふぁ Per, σしぐま Per, νにゅー Per, e εいぷしろん Per. αあるふぁ Per e βべーた Per son de segunda magnitude. A estrela εいぷしろん Per é de terceira magnitude.

As estrelas αあるふぁ Per, γがんま Per, τたう Per, e ιいおた Per forman a cabeza de Perseus: gamma Persei é de terceira magnitude. As estrelas γがんま Per, ηいーた Per, e τたう Per forman o pucho (ou a cúspide do casco).

As estrelas αあるふぁ Per, ψぷさい Per, δでるた Per, 48 Per, μみゅー Per, e λらむだ Per forma o brazo e man esquerda de Perseus: sendo δでるた Per de terceira magnitude.

As estrelas ιいおた Per, θしーた Per, e φふぁい Per forma o brazo e a man dereita. A man dereita de Perseus, φふぁい Per, está tirando dun dos pés de Andrómeda (51 Andromedae), tentándoa de liberala. (Despois de liberala, casaría con ela.)

As estrelas εいぷしろん Per, ξくしー Per, ζぜーた Per, e οおみくろん Per forma a perna e o pé esquerdo de Perseus: sendo ζぜーた Per de terceira magnitude.

Finalmente as estrelas βべーた Per, ρろー Per, 16 Per (con πぱい Per) forma o pé e a perna dereita de Perseus.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Perseus era un semideus fillo de Zeus e da mortal Dánae. Unha das súas máis coñecidas fazañas foi a de dar morte á gorgona Medusa, que tiña o poder converter en pedra a calquera só coa súa mirada. Utilizando o escudo de bronce de Atenea coma espello, partiu a cabeza de Medusa e fixo brotar o seu sangue da que naceu o cabalo alado Pegasus.

A constelación de Perseus representa a un guerreiro armado có casco de Hades, o escudo de Atenea, a espada e os talares de Hermes; que porta na súa man a cabeza de Medusa, o ollo da mesma é representado pola estrela Algol.

No esquema celeste, Perseus é incluído no conxunto que engloba a Cepheus, Cassiopeia, Andrómeda, Pegasus e Cetus.

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]