Pobo chopi
Pobo chopi | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 800 000 | |
Rexións principais: | |
Provincia de Inhambane Mozambique | 760 000 (2014)[1] |
Aspectos culturais | |
Lingua | chopi, portugués |
Relixión | Animismo, Cristianismo |
O pobo chopi é un grupo étnico do sur de Mozambique, principalmente nos distritos de Zavala e Inharrime, ambos na provincia de Inhambane. Este pobo viviu tradicionalmente da agricultura de subsistencia, porén moitos abandonaron a súa terra natal para mudarse ás cidades.
Descrición
[editar | editar a fonte]O pobo chopi ten lingua propia, un idioma pertencente á familia de linguas bantús, non obstante moitos falan en lingua guitonga e en portugués como linguas secundarias[1]. Entre os pobos veciños atópanse os changana, un grupo do pobo tsonga que viven no suroeste, na provincia de Gaza, e que invadiron o territorio chopi no século XIX. Moitos emigraron a Suráfrica en busca de traballo. Historicamente, algúns chopi foron escravizados[2].
Os chopi son coñecidos internacionalmente polo instrumento musical mbila e a danza asociada, unha manifestación cultural considerada pola Unesco Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Os chopi identifícanse culturalmente, como pobo, co elefante[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Chopi". Ethnologue Languages of the World. Consultado o 2-1-2017.
- ↑ Harries, Patrick (2007). Butterflies & Barbarians: Swiss Missionaries & Systems of Knowledge in South-East Africa (en inglés). p. 111. Consultado o 4-1-2017.
- ↑ Cassimally, San (2016). "Capítulo 2: Inhambane". Magnetite (en inglés). Consultado o 4-1-2017.