Pobo irlandés
Pobo irlandés | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | ||||||||||||||||
Poboación total: c 70–80 millóns[1] | ||||||||||||||||
Rexións principais: | ||||||||||||||||
Irlanda | 4 581 269 (2011) | |||||||||||||||
Irlanda do Norte | 1 810 863 (2011) | |||||||||||||||
Total na illa de Irlanda | 6 392 132 (2011) | |||||||||||||||
Estados Unidos | (+) 40 000 000[2] | |||||||||||||||
Reino Unido | 14 000 000[3] | |||||||||||||||
Australia | 7 000 000 | |||||||||||||||
Canadá | 4 544 870[4] | |||||||||||||||
Arxentina | 1 000 000[5] | |||||||||||||||
México | 600 000[6] | |||||||||||||||
Nova Zelandia | 600 000[7] | |||||||||||||||
Aspectos culturais | ||||||||||||||||
Lingua | Irlandés, inglés, escocés do Ulster e shelta | |||||||||||||||
Relixión | Catolicismo e protestantismo |
O pobo irlandés (en irlandés: Muintir na hÉireann, na hÉireannaigh ou na Gaeil) é un grupo nacional, cultural e etnolongüístico nativo da illa de Irlanda.
Irlanda está habitada dende hai máis de 9 000 anos segundo os estudos arqueolóxicos. Durante a maior parte da historia documentada de Irlanda, os irlandeses foron principalmente un pobo gaélico. Os anglo-normandos conquistaron partes de Irlanda no século XII. A partir dos séculos XVI e XVII, o Reino de Inglaterra reconquistou e colonizou Irlanda, traendo consigo un gran número de escoceses das Terras Baixas e ingleses, que ocuparon principalmente o norte da illa.
Hoxe en día Irlanda está dividida en dúas partes: unha é a República de Irlanda (un estado independente) e a outra é Irlanda do Norte (que forma parte do Reino Unido). A súa poboación combinada era de 6 392 132 segundo o censo de 2011. Porén, estímase que hai entre 70 e 80 millóns de persoas en diferentes países que teñen ascendencia irlandesa, feito que converte a diáspora irlandesa nunha das meirandes do mundo. Historicamente, a emigración en Irlanda foi resultado de graves problemas económicos e fames, especialmente entre os séculos XVIII e XIX.
As persoas de ascendencia irlandesa poden atoparse principalmente en países de fala inglesa, especialmente no Reino Unido, nos Estados Unidos de América, no Canadá e Australia. Tamén son significativas as poboacións na Arxentina e México. Nos Estados Unidos está a poboación máis numerosa, mentres que Australia ten a meirande porcentaxe de descendentes de irlandeses de todo o mundo en relación co total da súa poboación[8]. Así mesmo, moitos islandeses teñen antepasados irlandeses e escoceses[9].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Scottish Diaspora and Diaspora Strategy: Insights and Lessons from Ireland
- ↑ American FactFinder, United States Census Bureau. "Selected Social Characteristics in the United States: 2007". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ BBC News (ed.). "One in four Britons claim Irish roots". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "2011 National Household Survey: Data tables". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "An Irish Argentine in the Easter Rising". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "The Irish in Mexico". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "The Irish in New Zealand: Historical Contexts and Perspectives". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ Oireachtasdebates.oireachtas.ie (ed.). "Dáil Éireann - 29/Apr/1987 Ceisteanna — Questions. Oral Answers. - Australian Bicentenary". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ Ann C. Humphrey. "They Accuse Us of Being Descended from Slaves". Settlement History, Cultural Syncretism, and the Foundation of Medieval Icelandic Identity. Rutgers University, 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo irlandés |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aldous, Richard (2007). Great Irish Speeches. Londres: Quercus Publishing PLC. ISBN 978-1-84724-195-5.
- Davies, Norman (1996). Europe: A History. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-820171-7.
- Ellis, Steven G. (1985). Tudor Ireland: Crown, Community, and the Conflict of Cultures, 1470–1603. Great Britain: Longman. ISBN 978-0-582-49341-4.
- Irish Names - origins and meanings at Library Ireland
- MacManus, Seamus (1921). The Story of the Irish Race: A Popular History of Ireland. Ireland: The Irish Publishing Co. ISBN 978-0-517-06408-5. Consultado o 17 de marzo de 2013.
- McLaughlin, Mark G. (1980). The Wild Geese: The Irish Brigades of France and Spain. Christopher Warner, illustrator. Osprey Publishing. ISBN 978-0-85045-358-4.[Ligazón morta]
- Nicholls, Kenneth W. (1972). Gaelic and Gaelicised Ireland in the Middle Ages. Gill and Macmillan. ISBN 978-0-7171-0561-8.
- Oppenheimer, Stephen (2006). The Origins of the British: A Genetic Detective Story. Carroll & Graf. ISBN 978-0-7867-1890-0.
- Sykes, Bryan (2006). Blood of the Isles: Exploring the Genetic Roots of Our Tribal History. DNA, Fossil. ISBN 978-0-593-05652-3.
- Toman, Rolf (2007). The Art of Gothic: Architecture, Sculpture, Painting. photography by Achim Bednorz. Tandem Verlag GmbH. ISBN 978-3-8331-4676-3.
- Various (2001). Smiley, Jane, ed. The Sagas of Icelanders. Penguin. ISBN 978-0-14-100003-9. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2009. Consultado o 24 de novembro de 2022.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irish ancestors en Ireland.com (en inglés)