Pobo mohave
Pobo mohave | |
---|---|
Mosa, rapaza mohave en 1903, fotografada por Edward Curtis. | |
Poboación | |
Poboación total: 2 000 (Golla, 2007)[1] - 967 (1990)[2] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Arizona |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua mohave e inglés[1] |
Relixión | Relixión tribal tradicional |
Grupos relacionados | Havasupai, hualapai, yavapai e maricopa |
Os mohave[3] (en mohave: Aha Makhav) son un pobo de nativos americanos de Arizona que habitan a carón do río Colorado e o deserto de Mohave. Están divididos en dúas reservas, a reserva india Fort Mojave, que inclúe territorio entre os estados de California, Arizona e Nevada, e a das Tribos indias do río Colorado, que tamén conta con membros dos pobos chemehuevi, hopi e navajo.
As reservas orixinais do río Colorado e de Fort Mojave foron estabelecidas en 1865 e 1870, respectivamente.
Lingua
[editar | editar a fonte]A lingua mohave pertence á póla do río da familia das linguas yuma. En 1994, arredor de 75 persoas das reservas falaban a lingua, de acordo coa lingüista Leanne Hinton. A tribo ten publicado materiais escritos, e existen renovados esforzos por ensinar a lingua ós nenos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Mohave." Ethnologue. Consultado o 11 de abril de 2012.
- ↑ Pritzker 47
- ↑ Definición de mohave* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo mohave |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Devereux, George. 1939. "Mohave Culture and Personality". Character and Personality 8:91-109, 1939.
- Devereux, George. 1938. "L'envoûtement chez les Indiens Mohave. Journal de la Société des Americanistes de Paris 29:405-412.