(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Porto Saíd - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Porto Saíd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPorto Saíd
بورسعيد (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoMuhammad Said bajá Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 31°15′45″N 32°18′22″L / 31.2625, 32.3061
EstadoExipto
GobernaciónGovernamento de Porto Said (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación524.433 (2010) Editar o valor en Wikidata (388,18 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.351 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Creación1859 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Bizerta (pt) Traducir
Volgogrado (1962–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webportsaid.gov.eg… Editar o valor en Wikidata

Porto Saíd (en árabe, بورسعيد, Būr Saʻīd) é unha cidade e principal porto de Exipto no nordés, situada no delta do Canal de Suez na costa do mar Mediterráneo, tamén capital da Gobernación de Porto Saíd. Conta cuns 680.375 habitantes (2010), e numerosas casas antigas, do século XIX, con grandes balcóns nas fachadas. Do outro lado da canle atópase Porto Fouad, co que está conectado por ferries gratuítos. A uns corenta quilómetros ao sur, a ponte de El Qantara permite o paso dunha beira a outra.

A base da economía de Porto Saíd é a pesca, as industrias químicas, a fabricación de produtos alimenticios e a produción tabaco, sobre todo de puros. Gran parte dos produtos exipcios, como o algodón e o arroz, son exportados desde Porto Saíd, ademais de ser unha estación de subministración de combustible para os barcos que cruzan a canle. Porto Saíd tamén é unha zona franca, así como a residencia de verán de moitos exipcios.

Vista de Porto Saíd dende poñente, 1893

Ao principio, un simple campamento improvisado para traballadores exipcios e as súas familias, a historia propiamente urbana de Porto Saíd remóntase á fundación da cidade ao 25 de abril de 1859, baixo o xedive Mohamed Said Pasha,[1] arredor dun porto creado para albergar o material procedente de Europa cando Ferdinand de Lesseps comezou a escavación para a construción da Canle de Suez, e despois ofrecer subministracións aos barcos que a cruzaban. Rudyard Kipling dixo:

“Se realmente queres atoparte con alguén que xa coñeces que está viaxando, hai dous lugares no globo onde só tes que sentarte e esperar e esa persoa chegará tarde ou cedo: os peiraos de Londres e Port Said."

O primeiro problema que se atopou foi a dificultade dos barcos para fondear nas proximidades. Por sorte, un único afloramento rochoso ao ras da costa foi descuberto a uns centos de metros. Pouco despois, construíuse un peirao de madeira, que conectaba o illote de partida coa praia. Esta rocha podería considerarse o corazón da cidade en desenvolvemento, e foi neste sitio altamente simbólico, corenta anos despois, onde se erixiu un monumento a Lesseps.

En 1926 creouse o Vigairato Apostólico da Canle de Suez, con sede en Porto Saíd e, de 1932 a 1934, Ange-Marie Hiral construíu a catedral francesa de Porto Saíd.[2][3]

Porto Saíd foi testemuña de acontecementos históricos en 1956, cando se nacionalizou a canle e o derradeiro soldado británico foi evacuado da cidade e a bandeira exipcia foi izada na base naval de Porto Saíd por Gamal Abdel Nasser por primeira vez o 18 de xuño.

A cidade tamén xogou un papel heroico na segunda metade do ano na resistencia á agresión británica/francesa, que intentou en colaboración con Israel reconquistar a canle de Suez durante a crise de Suez, consecuencia da nacionalización da canle. O 23 de decembro de cada ano, Port Said celebra o Día da Vitoria, que conmemora a evacuación das forzas británicas e francesas da cidade o 23 de decembro de 1956.

Durante a Guerra dos Seis Días en 1967, a cidade foi o obxectivo dos bombardeos israelís e foi parcialmente destruída. A ocupación da marxe sinaítica da canle por parte do Tsahal provocou o seu peche, supoñendo un duro golpe á actividade económica da cidade que contaba entón con 240.000 habitantes. A guerra de desgaste entre exipcios e israelís, ata 1970, provocou a evacuación case total da poboación.

Non foi ata a Guerra de Yom Kippur e a evacuación da marxe oriental da canle por parte das tropas israelís que se permitiu a reapertura da canle, en 1975. Tralos acordos de Camp David de 1978 e a pas entre Israel e Exipto de 1979, a cidade que foi reconstruída e restaurada baixo o liderado de Anwar el-Sadat, recuperou a súa antiga actividade económica e volveu prosperar.

A finais de xaneiro de 2013 estalaron disturbios na cidade, tralo anuncio da sentenza de morte de vinte e un seguidores do club de fútbol local Al-Masry Club, xulgados por provocar a morte, o 1 de febreiro de 2012, de 72 persoas durante os enfrontamentos tralo partido do campionato de fútbol exipcio contra o club do Cairo, Al Ahly Sporting Club.[4][5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade está construída nunha estreita franxa costeira que separa o lago Menzaleh do mar Mediterráneo. atópase ao norte da canle de Suez. Porto Saíd é, polo tanto, un dos lugares de paso dos viaxeiros que viaxan entre Europa ou Asia e África.

Atópase a 82,9 km de Ismailía, a 190 km de Suez, 200 km ao norte do Cairo e a 260 km de Alexandría.

Distritos

[editar | editar a fonte]
Porto Saíd entre os anos 1870-1900.

A cidade moderna está dividida en 7 distritos:[6]

  • Al-Janoub :(504,000 km²)
  • Al-Zuhur :(262,581 km²)
  • Al-Dawahy :(62,673 km²)
  • Al-Sharq :(5,017 km²)
  • Al-Manakh :(3,312 km²)
  • Al-Arab :(1,592 km²)
  • Distrito Oeste

A cidade de Port Fouad (505,69 km²) tamén está baixo a xurisdición de Port Saíd e forma parte da súa área metropolitana.

Educación

[editar | editar a fonte]

Nos estudos básicos, conta con 349 escolas de diferentes niveis.

Non estudois superiores, Porto Saíd conta coa Universidade de Porto Saíd, fundada en 2010 para servir a Canle de Suez e a rexión do Sinaí. A universidade é un centro educativo de rápido crecemento en Exipto, con moitos estudantes que estudan no estranxeiro. Tamén existe a Academia árabe de Ciencia, Tecnoloxía e Transporte Marítimo.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Aeroporto

[editar | editar a fonte]

O aeroporto está a 6 km do centro da cidade. Foi modernizado recentemente e convertido en aeroporto internacional dende abril de 2011

Autovías

[editar | editar a fonte]
  • Estrada Internacional da Costa (Alexandria - Porto Saíd)
  • Estrada do deserto O CairoIsmailía - Porto Saíd (Porto Saíd - O Cairo: 220 km)
  • Estrada Porto Saíd - Damieta

A estación de tres está na rúa Mustafa Kamal; as principais conexións son cara O Cairo (4 horas de traxecto), Alexandría (6 horas de traxecto) e outras cidades menos importantes.

Porto Saíd esta unida con Porto Fouad con ferry con capacidade para persoas e para vehículos. O traxecto de paso da canle é duns 10 minutos e é de balde.[7]

Autobuses públicos da Port Said Governorate's Agency for Public Passenger Transport. Tamén ten taxis.

  • Museo Nacional de Porto Saíd; situado na rúa de Palestina, permite observar numerosos obxectos de diferentes épocas de Exipto, faraónica, cristiá, musulmá.
  • Museo Militar de Porto Saíd (abriu en 1964); presenta a historia militar de Exipto, especialmente a crise da canle de Suez, a guerra que estalou en 1956 en Porto Saíd.
  • Museo de Arte Moderna

O club de fútbol de Porto Saíd é o Al-Masry Club, é un dos clubs máis grandes e populares de Exipto e propietario dun estadio con 17 900 localidades.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. "About Port said". portsaid.gov.eg (en inglés). 2022. Archived from the original on 03 de xaneiro de 2024. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  2. Trudel (1957), p. 7
  3. Trudel (1957), pp. 71-72
  4. AFP/Reuters (1 de febreiro de 2012 [actualizado o 2 de febreiro de 2012)). "Match meurtrier à Port-Saïd". lequipe.fr (en francés). Consultado o 27 de agosto de 2024. 
  5. "Egypte: La Fifa offre son aide". eurosport.fr (en francés). 2 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de agosto de 2024. 
  6. ""About Port said - Administrative Division"". portsaid.gov.eg (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2024. 
  7. Richardson, Jacobs & Jacobs (2003), p. 671

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]