(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Presidente do Goberno de España - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Presidente do Goberno de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Presidencia do Goberno de España
Escudo nacional
Titular
Pedro Sánchez
Dende o 1 de xuño de 2018

TratamentoExcelentísimo señor
ResidenciaPalacio da Moncloa, Madrid
ÁmbitoReino de España
Designado porCongreso dos Deputados
Nomeado porRei de España
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Precedido porMariano Rajoy
Salario78.185 €/ano
Sitio webwww.lamoncloa.gob.es

O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sede do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid.

Elección

[editar | editar a fonte]

A elección do Presidente non se realiza de forma directa polos electores, senón que se realiza de xeito indirecto polo poder lexislativo. Segundo as eleccións lexislativas que teñen lugar cada catro anos, o líder do partido maioritario, é normalmente proposto polo Rei como Presidente do Goberno, e logo é elixido polo Congreso dos Deputados. O Vicepresidente é elixido polo Rei como unha proposta do Presidente do Goberno.

Elexibilidade

[editar | editar a fonte]

O artigo 11 da Lei 50/1997, de 27 de novembro, establece que para ser presidente do Goberno hai que ter nacionalidade española, ser maior de idade, gozar dos dereitos do sufraxio activo e pasivo e non estar inhabilitado para exercer emprego ou cargo público por sentenza xudicial firme.[1] Tampouco hai limitación no número de mandatos á fronte da presidencia do goberno de España.

Investidura

[editar | editar a fonte]
O Palacio da Moncloa, sede da Presidencia do Goberno de España

Tras a elección pola maioría do Congreso dos Deputados, o candidato é nomeado Presidente do Goberno polo Rei nunha cerimonia de investidura que se celebra no Salón de Audiencias do Palacio da Zarzuela. Nesta cerimonia, o Presidente xura ou promete o cargo ante a presenza do Rei de España e do Notario Maior do Reino (Ministro de Xustiza).

Moción de Censura e Cuestión de Confianza

[editar | editar a fonte]

O Presidente do Goberno, despois de deliberación do Consello de ministros, pode solicitar ao Congreso un voto de confianza no seu programa ou declaración de política xeral.O Congreso de Deputados lle dá confianza cando vota a favor u nonha maioría simple dos Deputados. O Congreso dos Deputados pode destituír en calquera momento ó Presidente do Goberno a través dunha moción construtiva de desconfianza, que require o apoio da maioría do Congreso (polo menos a metade máis un dos membros que compoñen a cámara).

Tras 4 mocións de censura sen éxito o PSOE gañou a primeira o día 1 de xuño do 2018, facendo así a Pedro Sánchez presidente de España.

Presidentes do Goberno de España (1977 - actualidade)

[editar | editar a fonte]

Nesta lista soamente se recollen os Presidentes do Goberno do período democrático posterior á ditadura de Francisco Franco. Para ver a lista completa de Presidentes do Goberno e do Consello de Ministros de España vaia a Lista de presidentes de España.

Lexislatura Data Inicial Data Final Nome Partido Imaxe
Constituínte 15 de xuño de 1977 11 de marzo de 1979 Adolfo Suárez González UCD
Primeira Lexislatura 11 de marzo de 1979 29 de outubro de 1982 Adolfo Suárez González e Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo UCD
Segunda Lexislatura 28 de outubro de 1982 22 de xuño de 1986 Felipe González Márquez PSOE
Terceira Lexislatura 22 de xuño de 1986 29 de outubro de 1989 Felipe González Márquez PSOE
Cuarta Lexislatura 29 de outubro de 1989 6 de xuño de 1993 Felipe González Márquez PSOE
Quinta Lexislatura 6 de xuño de 1993 3 de marzo de 1996 Felipe González Márquez PSOE
Sexta Lexislatura 3 de marzo de 1996 12 de marzo de 2000 José María Aznar López PP
Sétima Lexislatura 12 de marzo de 2000 14 de marzo de 2004 José María Aznar López PP
Oitava Lexislatura 14 de marzo de 2004 9 de marzo de 2008 José Luis Rodríguez Zapatero PSOE
Novena Lexislatura 9 de marzo de 2008 20 de decembro de 2011 José Luis Rodríguez Zapatero PSOE
Décima Lexislatura 20 de decembro de 2011 21 de decembro de 2015 Mariano Rajoy Brey PP
Undécima Lexislatura 13 de xaneiro de 2016 19 de xullo de 2016 Goberno en funcións
Mariano Rajoy Brey
PP
Duodécima Lexislatura 30 de outubro de 2016 1 de xuño de 2018[2] Mariano Rajoy Brey Cesado PP
Duodécima Lexislatura 1 de xuño de 2018[3] 27 de febreiro de 2019 Pedro Sánchez PSOE
Décimo terceira Lexislatura 21 de maio de 2019 24 de setembro de 2019 Goberno en funcións
Pedro Sánchez
PSOE
Décimo cuarta Lexislatura 3 de decembro de 2019 - Pedro Sánchez PSOE
  1. "Ley 50/1997, de 27 de noviembre, del Gobierno" (PDF). boe.es (en castelán). BOE» núm. 285, de 28 de novembro de 1997, páxinas 35082 a 35088. 28 de novembro de 1997. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  2. Alberola, Miquel (1-6-2018). "Pedro Sánchez, presidente del Gobierno tras ganar la moción de censura a Rajoy". elpais.com (en castelán). Consultado o 26-9-2019. 
  3. Balado, Fran (01-06-2018). "Pedro Sánchez, presidente del Gobierno más minoritario de la historia". lavozdegalicia.es. Consultado o 01-06-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]