Produto xénico
Un produto xénico é a molécula bioquímica, que pode ser ARN ou proteína, que é o resultado final da expresión dun xene. Un xene exprésase inicialmente transcribíndose a ARN; despois este ARN pode traducirse a proteínas ou non, segundo os casos. Ás veces utilízase a medida da cantidade de produto xénico para estimar o grao de actividade dun xene. As cantidades anormais de produto xénico poden correlacionarse coa aparición de doenzas causadas por alelos alterados ou anormais, como os que producen a sobreactividade dos oncoxenes que causan o cancro.[1][2] O xene defínese como "unha unidade hereditaria de ADN que é necesaria para producir un produto funcional".[3] Entre os elementos regulatorios dos xenes están os seguintes: rexión promotora, caixa TATA, secuencias de poliadenilación e amplificadores ou enhancers. Estes elementos funcionan en combinación cun marco aberto de lectura para crear un produto funcional. Este produto pode ser transcrito e ser un ARN directamente funcional, ou ser un ARNm que será traducido nos ribosomas para orixinar unha proteína funcional.
Produtos de ARN
[editar | editar a fonte]As moléculas de ARN que codifican proteínas son os ARNm. As moléculas de ARN que non codifican proteínas teñen tamén funcións na célula, xa que poden realizar as seguintes funcións:
- Colaborar na síntese de proteínas. Son o ARNt que transporta os aminoácidos ao ribosoma, e o ARNr que forma parte integrante do ribosoma.[4]
- Catalizar reaccións. Son os ARNs con capacidade riboenzimática.
- Regular varios procesos.[4] Un exemplo de ARN regulatorio son os microARN (miRNA), que reprimen a tradución.[5] Estes microARNs funcionan uníndose a unha secuencia de ARNm diana complementaria impedindo que ese ARNm se traduza.[4][6] Outro exemplo son os ARNs interferentes pequenos (siRNA), que funcionan realizando unha regulación negativa da trancrición, ao formaren parte do complexo silenciador inducido por ARN (RISC) durante a interferencia de ARN e unírense a unha secuencia diana do ADN impedindo a transcrición dun ARNm específico.[6]
Produtos proteicos
[editar | editar a fonte]As proteínas son os produtos dun xene que se forman pola tradución dunha molécula de ARNm maduro. O ARNm determina a estrutura primaria da proteína, e esta despois prégase en sucesivas estruturas, adquirindo a súa forma ou conformación final funcional.[7][7] Varias cadeas polipeptídicas poden pregarse xuntas formando unha proteína máis grande con estrutura cuaternaria.[7] Os produtos proteicos poden ser modificados engadíndolles ou retirándolles grupos químicos ou por rotura da cadea polipeptídica.[8]
As proteínas exercen as máis diversas funcións na célula. Os encimas son proteínas que catalizan unha reacción química.[7][8] As chaperonas estabilizan o pregamento doutras proteínas.[9] As proteínas motoras moven moléculas cara determinados lugares da célula.[8] Moitas proteínas son estruturais ou axudan a darlle forma á célula.[7] Outras proteínas atópanse nas membranas e denomínase proteínas de membrana, e controlan o paso de substancias ou a transdución de sinais.[7][8][8] Outras proteínas son regulatorias (factores de transcrición, hormonas polipeptídicas).[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fearon ER, Vogelstein B (June 1990). "A genetic model for colorectal tumorigenesis". Cell 61 (5): 759–67. PMID 2188735. doi:10.1016/0092-8674(90)90186-I.
- ↑ Croce CM (January 2008). "Oncogenes and cancer". The New England Journal of Medicine 358 (5): 502–11. PMID 18234754. doi:10.1056/NEJMra072367. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de xuño de 2016.
- ↑ Nussbaum, Robert L.; McInnes, Roderick R.; Willard, Huntington (2016). Thompson & Thompson Genetics in Medicine (8 ed.). Philadelphia: Elsevier.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Clancy, Suzanne (2008). "RNA Functions". Nature Education 1 (1): 102.
- ↑ He, Lin; Hannon, Gregory J. (2004). "MicroRNAs: small RNAs with a big role in gene regulation" (PDF). Nature Reviews Genetics 5: 522–531. PMID 15211354. doi:10.1038/nrg1379.
- ↑ 6,0 6,1 Carrington, James C.; Ambros, Victor (2003). "Role of microRNAs in plant and animal development". Science 301 (5631): 336–338. PMID 12869753. doi:10.1126/science.1085242.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Contents of Essentials of Cell Biology | Learn Science at Scitable". www.nature.com. Consultado o 2015-11-08.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Alberts, B; Johnson, A; Lewis, J; et al. (2002). Molecular Biology of the Cell (4 ed.). New York: Garland Science.
- ↑ Hartl, F. Ulrich; Bracher, Andreas; Hayer-Hartl, Manajit (2011). "Molecular chaperones in protein folding and proteostasis". Nature 475: 324–332. doi:10.1038/nature10317.
- ↑ "General Transcription Factor / Transcription Factor | Learn Science at Scitable". www.nature.com. Consultado o 2015-11-09.