Quetodóntidos
Os Quetodóntidos (Chaetodontidae), tamén chamados peixes bolboreta, son unha familia de peixes tropicais mariños, que habitan nos arrecifes do Atlántico, Índico e Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes pequenos, de entre 12 e 22 cm de lonxitude (Chaetodon lineolatus chega a 30 cm). Presentan cores brillantes e patróns de manchas estriadas en negro, branco, azul, vermello, laranxa e amarelo, aínda que hai algunhas especies de cores apagadas. Moitas teñen círculos nos ollos, bandas a través dos flancos e marcas negras.
O corpo é moi comprimido lateralmente.
Son, normalmente, de hábitos diúrnos e de augas superficiais (aínda que algunhas especues poden chegar a 180 m). As especies que se alimentan de coral son moi territoriais pero os que o fan de zooplancto se moven en grandes grupos. De noite permanencen nas fendeduras e gretas do arrecife.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en doce xéneros con aproximadamente 127 especies.
- Xénero Amphichaetodon
- Xénero Chaetodon
- Xénero Chelmon
- Xénero Chelmonops
- Xénero Coradion
- Xénero Forcipiger
- Xénero Hemitaurichthys
- Xénero Heniochus
- Xénero Johnrandallia
- Xénero Parachaetodon
- Xénero Prognathodes
- Xénero Roa
Nas primeiras clasificacións da suborde Percoidei, esta familia incluíase dentro dos Pomacántidos (Pomacanthidae).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quetodóntidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Quetodóntidos |