(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Río Ave - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Río Ave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Ave
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaPortugal Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°31′23″N 8°06′06″O / 41.5231, -8.1017
41°20′21″N 8°44′53″O / 41.3393, -8.7481
Afluente
Rio Vizela (pt) Traducir, Rio Este (pt) Traducir, Rio Selho (pt) Traducir, Rio de Agrela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño98 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.390 km² Editar o valor en Wikidata

O Ave é un río en Portugal, que nace na Serra da Cabreira, municipio de Vieira do Minho, a uns 1200 m de altitude. Percorre uns 91 km e desemboca no Océano Atlántico, ao sur de Vila do Conde. A súa conca hidrográfica ten unha superficie aproximada de 1390 km², abranguendo 15 concellos. O río baña sucesivamente os municipios de Vieira do Minho, Póvoa de Lanhoso, Guimarães, Vila Nova de Famalicão, Santo Tirso, Trofa e Vila do Conde.

Os seus afluentes máis importantes son o río Este (marxe dereita) e o río Vizela (marxe esquerda), con especial incidencia nos ríos Pele e Pelhe.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Ave - Río __ a tres leguas do Porto, métese no mar en Vila do Conde. Chamábase Avis, e Avon segundo Plinio.[1]

O hidrónimo Ave provén do celta antigo " Abonaou, Avona " co significado de "auga, río".[2]

  1. Barros, João de. "Libro das antiguidades e cousas notaueis de antre Douro e Minho, e de outras muitas de España e Portugal". purl.pt. 
  2. Martins Esteves, Higino (2018). "As tribos calaicas" (PDF). Proto-história da Galiza á luz dados linguisticos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2024.