(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Río Duerna - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Río Duerna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Duerna
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de León, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia de León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTuerto River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°18′36″N 5°53′46″O / 42.31, -5.896111
42°18′37″N 5°53′47″O / 42.310269, -5.896253
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións54 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica317 km² Editar o valor en Wikidata

O Duerna é un río da provincia de León, afluente do Tuerto, que á súa vez é afluente do Órbigo, e este o é do Esla, que á súa vez o é do Douro.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Duerna nace nos Montes de León, nunha das abas do monte Teleno, desaugando no Tuerto en terras de La Bañeza, despois dun percorrido de 54 km. As terras sitas nas súas beiras forman a comarca de Valduerna.

A súa conca hidrográfica abarca unha área de 312 km².

En torno ao seu curso os historiadores sitúan o pobo ástur dos orniacos, pois considérase que era o seu río epónimo, por canto en documentos da Alta Idade Media o río era denominado Ornia.

En tempos posteriores, o territorio comezou a denominarse Val d'Ornia, con aglutinación da preposición de, e tras a ditongación do -o- tónico, pasou a ser coñecida como a Valduerna. Unha defectuosa segmentación levou a que o mesmo río acabase por ser coñecido como Duerna.