Río Guáitara
Coordenadas: 1°35′14″N 77°26′46″O / 1.587231, -77.446132
Guáitara | |
---|---|
Canón do río Guáitara, co santuario de Las Lajas ó fondo. | |
País | Colombia e Ecuador |
Nacemento | Volcán Chiles |
Lonxitude | 158km |
Conca | 3.713 km² |
Caudal medio | 7,55 m³/s |
Desembocadura | Río Patía |
O Guáitara ou Carchi (denominación en Ecuador), é un río suramericano pertencente á vertente do Pacífico. Ten unha lonxitude de 158 quilómetros de longo, e durante 45 km o seu percorrido sinala a fronteira entre Colombia e Ecuador, até a ponte internacional de Rumichaca. Dende ese punto, xa en chan colombiano, toma o nome de Guáitara.
No seu traxecto, ó socavar a montaña formou a ponte natural de Rumichaca que comunica a Ecuador e Colombia, formando dende este sitio un fondo canón que en territorio colombiano aloxa o santuario de Las Lajas, construído sobre o canón.
Na antigüidade coñecíase como río Pastarán; na conquista dos incas chamouse Ancashmayu (aínda que en debate co nome doutro río), e logo chamouse Guáitara, o seu nome actual en territorio colombiano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Guáitara |