Río Klang
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Kuala Lumpur, Malaisia | |||
Final | ||||
Localización | Estreito de Malaca | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 120 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.288 km² | |||
O río Klang é un curso fluvial que corre por Malaisia, atravesando Selangor e a cidade de Kuala Lumpur para desaugar no estreito de Malaca. Ten un curso aproximado duns 120 km.
Dado o feito de que atravesa o val do Klang, que é unha zona moi densamente poboada, con máis de 4 millóns de habitantes, está considerabelmente contaminado. O alto grao de desenvolvemento levou a que o río apareza como un gran torrente despois dunha tormenta.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Klang River nace na zona montañosa, a uns 25 km ao nordeste de Kuala Lumpur, en Kuala Seleh. Drena unha cunca, cos seus afluentes de 1.288 km². Recibe once tributarios principais, entre os que cómpre citar: o Gombak, Batu, Kerayong, Damansara, Keruh, Kuyoh, Penchala e Ampang. Flúe cara ao oeste até o estreito de Malaca, no que desmboca logo de 120 km.
Localidades importantes que baña
[editar | editar a fonte]Kuala Lumpur está situada no punto onde conflúen o río Gombak e o Klang. Augas abaixo, o río atravesa a capital do estado de Selangor, Shah Alam. A cidade de Klang, que recibe o seu nome do río precisamente, sitúase no tramo baixo do seu curso.
O maior porto mariño de Malaisia, Port Klang, está situado no estuario do Klang.
Presas e estanques
[editar | editar a fonte]Hai dous encoros principais sobre o curso do río: o encoro de Batu e o encoro das Portas do Klang, que prové de auga a poboación do Val do Klang e mitiga as cheas das súas augas.
Para paliar danos do río Gombak durante as tormentas, pénsase en colcar algúns estanques ad hoc que se localizarían en Batu, Jinjang e Kepong.
Vida animal
[editar | editar a fonte]En tempos aínda recentes foron rexistrados crocodilos nalgún puntos do río.
Privatización
[editar | editar a fonte]O mantemento do Klang poderá ser encargado a empresas privadas no futuro, a través dun contrato de trinta anos, esperándose que a compañía limpe e acondicione o río entre 2006 e 2010. O custo sería compensado para a empresa a través da explotación da area e o desenvolvemento comercial do río.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Muthiah, W.: "Three rivers in Selangor to go private soon", artigo en The Star, 7 de febreiro de 2006 (en inglés).