(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Río Orange - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Río Orange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Orange
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
País da cuncaLesoto Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDrakensberg Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°53′48″S 29°01′05″L / -28.89661, 29.01794
28°37′51″S 16°27′00″L / -28.6308, 16.45
Afluentes
Malibamat'so River (en) Traducir, Senqunyane River (en) Traducir, Rio Makhaleng (pt) Traducir, Rio Caledon (pt) Traducir, Rio Vaal (pt) Traducir, Rio Fish (pt) Traducir, Rio Molopo (pt) Traducir, Gamkabrivier (en) Traducir, Kraai River (en) Traducir, Tele (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaBacia do rio Orange (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.200 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica973.000 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Medicións
Caudal800 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Orange é o segundo río máis importante do sur de África despois do río Zambeze e o máis importante da república de Suráfrica. Nace nos montes Drakensberg en Suráfrica[1] e percorre a fronteira entre este país e Lesotho, a uns 193 km da costa do océano Índico. O río Orange encamíñase non obstante cara ao oeste, nun percorrido de 2.200 km, trazando a fronteira meridional da Provincia do Estado Libre. Posteriormente discorre delimitando a fronteira entre Namibia e Suráfrica e desemboca no océano Atlántico na cidade de Alexander Bay, a metade de camiño entre Walvis Bay e Cidade do Cabo.

O seu afluente máis destacado é o río Vaal, que tamén nace na cordilleira Drakensberg, ao leste de Xohanesburgo e forma a fronteira entre o Transvaal e o Estado Libre, antes de unirse co Orange ao sueste de Kimberley. Tras unirse co Vaal, o Orange percorre os terreos áridos e salvaxes do sur da rexión de Kalahari e Namaqualand.

Durante os últimos 800 km do seu curso recibe moitos regueiros intermitentes e varios wadis. O volume do caudal redúcese considerablemente debido á evaporación. Na estación de chuvias, o Orange convértese nun impetuoso torrente.

O río é un dos que leva máis arrastres de terras no mundo, estimándose nuns 60 millóns de toneladas anuais.[1] No seu percorrido alimenta o encoro de Gariem (Gariem Damp), cun muro de 88 m de altura e 900 m de lonxitude cerrando o lago artificial duns 360 km2.[1]

O río foi descuberto por europeos en 1760 e foi bautizado co nome da Casa de Orange dos Países Baixos arredor de 1777-79.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Earth from Space: Gariep Dam, South Africa". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-03-26.