Ramón Sobrino Buhigas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Pontevedra, España |
Morte | 6 de xuño de 1946 (57/58 anos) Valladolid, España |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza |
Pai | Luís Sobrino Rivas |
Irmáns | Carlos Sobrino Buhigas |
Parentes | Fernando Campo Sobrino, curmán entregue Enrique Campo, curmán entregue Carlos Sobrino Rivas, tío |
Ramón Sobrino Buhigas, nado en Pontevedra en 1888 e finado en Valladolid o 6 de xuño de 1946, foi un naturalista e arqueólogo galego. Foi irmán do pintor Carlos Sobrino Buhigas e pai do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico Luís Sobrino Rivas. Estudou Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, doutorándose en 1911. Entre ese ano e 1913 foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela e da Escola de Artes e Oficios. Foi catedrático de Historia Natural en Lleida, Palma e Pontevedra, onde dirixiu o instituto até 1921. Despois estudou Odontoloxía en Madrid. En 1931 regresou a Santiago de Compostela, onde exerceu como odontólogo e como profesor de instituto e da Universidade. Foi membro da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos e xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra. Representou a Real Sociedade Española de Historia Natural no VII Congreso Internacional de Pesca.
Morreu en 1946 no tren que o traía de volta de Valladolid a onde acudira a consultarse das súas doenzas hepáticas.
Obra
[editar | editar a fonte]- Estudio sobre los cistolitos (1911).
- Contribución a la gea de Galicia (1916).
- Balaenoptera borealis (1917).
- La purga de mar o hematotalasia (1918).
- Réplica a las observaciones del Sr. de Buen (1918).
- Insculturas galaicas prerromanas (1919).
- La dinamita en la pesca (1923).
- Petroglifos o insculturas rupestres de Pontevedra (1931).
- Corpus Petroglyphorum Gallaeciae (1935). Reeditado en 2020 por Morgante, Córpus dos petróglifos de Galicia, ISBN 978-84-15166-83-2.[1]
- Sobre los orígenes y fundación de Pontevedra.
- La descendencia de Colón en Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Sobrino Buhigas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sobrino Buhigas, Ramón". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.