Rashi
Nome orixinal | (fr) Salomon de Troyes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1040 Troyes, Francia |
Morte | 13 de xullo de 1105 (64/65 anos) Troyes, Francia |
Lugar de sepultura | Troyes |
Residencia | Troyes (–década de 1050) Worms (década de 1050–) Maguncia |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | rabino, científico da relixión |
Profesores | Yaakov ben Yakar (en) , Yitzchak HaLevi (en) e Yitzchak ben Yehuda (en) |
Alumnos | Meir ben Samuel (en) , Rashbam (en) , Shemaiah of Soissons (en) , Judah ben Nathan (en) e Simha ben Samuel de Vitry (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Miriam, Yocheved |
Pai | Yitzchak |
Descrito pola fonte | Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) , (sec:Rashi (1040-1105)) Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Shlomo Yitzchaki (en hebreo: רבי שלמה יצחקי; en latín: Salomon Isaacides; en francés: Salomon de Troyes), nado en Troyes o 22 de febreiro de 1040 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1105, coñecido polo acrónimo de Rashi (en hebreo: רש״י, RAbbi SHlomo Itzhaki), foi un rabino francés, autor de comentario sobre o Talmud e o Tanakh. Recoñecido pola súa habilidade para presentar o significado básico do texto nun estilo conciso e lúcido, Rashi chega aos grandes estudosos e os estudantes que se inician, e a súa obra permanece como unha obra central dos estudos xudeus contemporáneos. O seu comentario sobre o Talmud, que cobre case todo o Talmud babilónico (un total de 30 de 39 tratados, debido á súa morte), foi incluído en todas as edicións do Talmud dende a súa primeira impresión por parte de Daniel Bomberg na década de 1520. O seu comentario sobre o Tanakh, especialmente sobre o Chumash ("Cinco libros de Moisés"), serve como base de máis de trescentos "supercomentarios" que analizan a escolla de Rashi da lingua e as citas, escritos por algúns dos maiores nomes da literatura rabínica.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rashi contraeu matrimonio de moi novo e vaixou a Worms e Mainza, onde permaneceu oito anos en importantes centros de ensino xudeu en Alemaña. O seu coñecemento das fontes relixiosas en hebreo e arameo viuse enriquecido grazas ao seu acceso a documentos escritos en francés e alemán. Aos 25 anos regresou a Troyes onde comezou a súa carreira como mestre e escritor. Pouco despois organizou a súa propia escola en que centos de estudantes recibiron os beneficios da súa grande erudición e do seu particular método interpretativo.
Os seus últimos anos de vida, víronse afectados polos masacres cometidos contra familiares e amigos na primeira cruzada (1095-96).[2] Durante este período transferiu o seu Bet Hamidrash (casa de estudo) a Worms. Os seus descendentes herdaron esta cultura e fundaron a escola de comentaristas coñecida como Tosafot, nome que deriva da raíz hebrea que significa «agregar».
Legado
[editar | editar a fonte]O comentario de Rashi sobre o Talmud continúa a ser clave para os estudo e as interpretacións rabínicas contemporáneas. Sen o comentario de Rashi, o Talmud permanecería como un libro pechado.[3] Con el, calquera alumno introducido por un mestre no seu estudo pode continuar a aprender pola súa conta, descifrando a súa linguaxe e significado coa axuda de Rashi.
En 2006, a Jewish National and University Library da Universidade Hebrea montou unha exposición para conmemorar o 900.º aniversario da morte de Rashi (2005), mostrando obxectos raros da colección da biblioteca escrita por Rashi, ademais de varias obras doutros autores sobre el.
Supercomentarios
[editar | editar a fonte]Publicáronse voluminosos supercomentarios sobre os comentarios de Rashi sobre a Biblia e o Talmud, incluído Gur Aryeh do rabino Judah Loew (o Maharal), Sefer ha-Mizrachi do rabino Elijah Mizrachi (o Re'em) e Yeri'ot Shlomo do rabino Solomon Luria (o Maharshal). Case toda a literatura rabínica publicada dende a idade media, emprega a súa visión, ben como apoio, ben para debater contra ela.
As explicacións de Rashi sobre o Chumash tamén se citaron extensamente en Postillae Perpetuae de Nicholas de Lyra (1292–1340), franciscano francés. O libro de de Lyra foi unha das primeiras fontes empregadas na tradución da Biblia por Lutero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miller, Chaim (2013). "Rashi's Method of Biblical Commentary". chabad.org.
- ↑ Singer & Adler 1901, p. 325.
- ↑ Zeitlin, Solomon (2 de outubro de 1940). "RASHI Rabbi Solomon of France". The American Jewish Year Book 41: 111–140.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rashi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abecassis, Deborah Reconstructing Rashi's Commentary on Genesis from Citations in the Torah Commentaries in the Tosafot Dissertation 1999, Department of Jewish Studies, McGill University, Montreal, Quebec.
- RashiArquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. The Jewish History Resource Center – Project of the Dinur Center for Research in Jewish History, The Hebrew University of Jerusalem
- Biography, the Legend, the Commentator and more rashi900.com
- Family Tree
- Rashi's Daughters: A Novel of Life, Love and Talmud in Medieval France
- In honor of the 900th anniversary of his passing
- Rashi; an exhibition of his works, from the treasures of the Jewish National and University Library
- Cantor, Norman F. (1969). Medieval History (2nd ed.). Toronto: Macmillan. p. 396. ISBN 978-0-02-319070-4.
- Shulman, Yaacov Dovid (1993). Rashi: The Story of rabbi Shlomo Yitzchaki. C.I.S. Publishers. ISBN 978-1-56062-215-4.
- Liber, Maurice (1905). Rashi. Translated from French by Adele Szold. Jewish Publication Society of America. ISBN 978-0-9766546-5-0.
- Wiesel, Elie (2009). Rashi. Translated from French by Catherine Temerson. Schocken Books. ISBN 978-0-8052-4254-6.
- Grossman, Avraham (2012). Rashi. Translated from Hebrew by Joel A. Linsider. Littman Library of Jewish Civilization. ISBN 9781904113898.
- Zeitlin, Solomon (1940). The American Jewish Year Book Vol. 41.
- Singer, Isidore; Adler, Cyrus (1901). The Jewish Encyclopedia: A Descriptive Record of the History, Religion, Literature, and Customs of the Jewish People from the Earliest Times to the Present Day. Nova York: Funk & Wagnalls.