Rato de mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O rato de mar[2] (Aphrodita aculeata) é unha especie de anélido poliqueto da familia Aphroditidae.[1] Áchase no Atlántico norte, no Mediterráneo, no mar do Norte, Skagerrak, Bălţi e Oresund.

Descrición[editar | editar a fonte]

Pode acadar os 20 cm de lonxitude. O seu corpo ten forma oval, con 40 segmentos. A rexión ventral é de cor parda.[3] Adoita mostrar sobre o corpo reflexos metálicos debido á descomposición da luz incidente sobre os numerosos filamentos enlazados que o recobre.[4]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Vive soterrado no fondo do mar por onde se despraza devagariño, deixando asomar a parte posterior do corpo para obter auga para respirar.[5]

Alimentación[editar | editar a fonte]

A súa dieta componse principalmente de moluscos e vermes, que captura coa boca e engole enteiros, xa que carece de mandíbula endurecida.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Aphrodita aculeata (TSN 64366)" (en inglés). 
  2. Definición de rato de mar no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Sea mouse (Aphrodita aculeata)". MarLIN: The Marine Life Information Network (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  4. Bas Peired, C. (1972). La Vida Maravillosa de los Animales, Tomo II, Invertebrados (en español). Barcelona: Instituto Gallach de Librería y Ediciones. p. 482. 
  5. 5,0 5,1 Bellman, H., Haussmann, K., Janke, K., Kremer, B. P., Schneider, H. e Steinbach, G. (1994). Invertebrados y Organismos Unicelulares (en español). Barcelona: Ediciones Blume. p. 322. ISBN 84-8076-136-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]