Raymond Sommer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Pierre Raymond Sommer 31 de agosto de 1906 Mouzon, Francia |
Morte | 10 de setembro de 1950 (44 anos) Cadours, Francia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Deporte | Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pai | Roger Sommer |
Irmáns | François Sommer Pierre Sommer |
Raymond Sommer nado o 31 de agosto de 1906, en Mouzon, departamento de Francia das Ardenas e finado o 10 de setembro de 1950, foi un piloto de carreiras de Gran Premio.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Sommer naceu nunha rica familia fabricante de alfombras de Sedán, Francia. O seu pai, Roger, rompeu a marca dos irmáns Wright do voo máis longo en 1909. Non foi ata 1931 que Raymond comezou a exhibir as súas propias tendencias temerarias, participando en carreiras de motor nun Chrysler imperial. Ao ano seguinte, gañou as 24 Horas de Le Mans, malia ter que manexar máis de 20 horas en solitario despois de que o seu compañeiro de equipo Luigi Chinetti retirouse doente. Durante os anos 30, Sommer dominou as carreiras clásicas francesas de resistencia, gañando outra vez en Le Mans en 1933 pilotando un Alfa Romeo xunto a Tazio Nuvolari. Tamén liderou toda a carreira de 1938, só para sufrir un fallo mecánico, cando levaba 12 voltas de vantaxe. Sommer viaxou a Long Island (Nova York) para competir na Vanderbilt Cup de 1936 onde terminou cuarto, o gañador foi Tazio Nuvolari.
Con todo, a súa tendencia a correr en automóbiles privados non lle fixo ningún favor na escena dos Grandes Premios, gañando só unha carreira internacional importante, o Gran Premio de Francia de 1936. Na época, os fabricantes alemáns Mercedes-Benz e Auto Union eran a forza dominante nascarreiras de GP, xunto co equipo francés Bugatti. Sommer volveu aos coches deportivos unha vez máis, gañando a carreira de resistencia das 24 Horas de Spa co copiloto Francesco Severi. Chegaron máis vitorias incluíndo as "Tres Horas de Marsella" en Miramas, o Gran Premio de Tunicia e a subida a La Turbie en 1938 e 1939 cun Alfa Romeo 308 ata o estalido da segunda guerra mundial, onde xogou un papel activo no movemento da Resistencia francesa.
Logo da guerra, Sommer rapidamente volveu aos camiños da vitoria, logrando a vitoria na carreira René Le Bègue Cup de 1946 en Saint-Cloud. No Grand Prix de Turín de 1947 en Valentino Park gañou o primeiro Gran Premio para Enzo Ferrari como construtor independente. A tempada seguinte, Sommer cambiou o equipo Ferrari, outra vez para correr nun coche privado, esta vez un Talbot-Lago. En 1950, comezou o Campionato Mundial de F1 e Sommer pilotou cinco carreiras de Gran Premio con Talbot e BRM, retirándose en todas menos unha.
En xullo de 1950 gañou o Grand Prix de Aix les Bains Circuit du Lac cun Ferrari 166.
En setembro de 1950, entrou no Gran Premio de Haute-Garonne[2] en Cadours, Francia onde falloulle a dirección do seu Cooper 1100 ccr e o coche envorcou nunha curva. Sommer, co seu tradicional casco de lona, morreu instantaneamente.
Grandes vitorias
[editar | editar a fonte]- Gran Premio de Francia 1936
- Gran Premio de Marsella 1932, 1937, 1946
- Gran Premio de Tunicia 1937
- Gran Premio de L'U.M.F. 1935
- Gran Premio do Valentino 1947
- Gran Premio de Madrid 1949
- 24 Horas de Spa 1936
- Gran Premio de Turín 1947
- 24 Horas de Le Mans 1932, 1933
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1931 | Equipo sen nome | Jean Delemer | Chrysler 80 | 5.0 | 14 | Ret | Ret |
1932 | Raymond Sommer | Luigi Chinetti | Alfa Romeo 8C 2300LM | 3.0 | 218 | 1º | 1º |
1933 | Soc. Anon. Alfa Romeo | Tazio Nuvolari | Alfa Romeo 8C 2300MM | 3.0 | 233 | 1º | 1º |
1934 | Raymond Sommer | Dr. Pierre Félix | Alfa Romeo 8C 2300 | 3.0 | 14 | Ret | Ret |
1935 | Raymond Sommer | Raymond de Saugé Desttrez | Alfa Romeo 8C 2300 | 3.0 | 69 | Ret | Ret |
1937 | Raymond Sommer | Giovanni Battista Guidotti | Alfa Romeo 8C 2900A Spider | 5.0 | 11 | Ret | Ret |
1938 | Raymond Sommer | Clemente Biondetti | Alfa Romeo 8C 2900B Touring | 5.0 | 219 | Ret | Ret |
1939 | Raymond Sommer | Prince Bira | Alfa Romeo 6C 2500SS | 3.0 | 173 | Ret | Ret |
1950 | Luigi Chinetti | Dorino Serafini | Ferrari 195S Cupé | S 3.0 | 82 | Ret | Ret |
Resultados completos no Campionato de Europa
[editar | editar a fonte](key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1935 | R. Sommer | Alfa Romeo Tipo B/P3 | Alfa Romeo 2.9 L8 | MON 6 |
BEL Ret |
ALE | 7º | 39 | ||||
Scuderia Subalpina | Maserati 6C-34 | Maserati 3.7 L8 | FRA 6 |
|||||||||
R. Sommer | Alfa Romeo Tipo B/P3 | Alfa Romeo 3.2 L8 | SUI 9 |
ITA | ESP 7 | |||||||
1936 | R. Sommer | Alfa Romeo Tipo B/P3 | Alfa Romeo 3.2 L8 | MON 7 |
ALE 9 |
SUI Ret |
ITA | 5º | 21 | |||
1937 | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo 12C-36 | Alfa Romeo 4.1 V12 | BEL 5 |
SUI 8 |
ITA | 6º | 27 | ||||
R. Sommer | Alfa Romeo 8C-35 | Alfa Romeo 3.8 L8 | ALE Ret |
MON 7 |
||||||||
1939 | R. Sommer | Alfa Romeo Tipo 308 | Alfa Romeo 3.0 L8 | BEL 4 |
FRA 5 |
ALE Ret |
SUI | 9º | 23 | |||
Fonte:[3]
|
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Scuderia Ferrari | Ferrari 125 | Ferrari 125 1.5 V12s | GBR | MON 4 |
500 | 16º | 3 | ||||
Ferrari 166 F2 | Ferrari 166 2.0 V12 | SUI Ret |
||||||||||
Raymond Sommer | Talbot-Lago T26C | Talbot 23CV 4.5 L6 | BEL Ret |
ITA Ret | ||||||||
Automobiles Talbot-Darracq SA | Talbot-Lago T26C-GS | FRA Ret |
||||||||||
Fonte:[4]
|
Resultados completos na Fórmula 1 fora do campionato
[editar | editar a fonte](key) (Careiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Scuderia Ferrari | Ferrari 125 | Ferrari 125 1.5 V12s | PAU 4 |
RIC | SRM Ret |
||||||||||||||
Raymond Sommer | Talbot-Lago T26C | Talbot 23CV 4.5 L6 | PAR Ret |
EMP | BAR | JER | ALB Ret |
NAT Ret |
NOT | ULS | PES | STT | ||||||||
Automobiles Talbot-Darracq SA | Talbot-Lago T26C-DA | NED Ret |
||||||||||||||||||
BRM Ltd | BRM P15 | BRM P15 1.5 V16s | INT Ret |
GOO | PEN |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Driver – Raymond Sommer". chicanef1.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2016.
- ↑ Motor Sport, October 1950, Page 525: Obituary.
- ↑ "THE GOLDEN ERA – OF GRAND PRIX RACING". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2016.
- ↑ "Raymond Sommer – Grand Prix started". statsf1.com. Consultado o 12 de decembro de 2016.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raymond Sommer |