Reino do Brasil
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Río de Xaneiro | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1815 | |||
Disolución | 1825 | |||
Sucedido por | Reino Unido de Portugal | |||
Reino do Brasil foi unha das partes constituíntes do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. A creación por decreto do 16 de decembro de 1815, puxo fin á antiga colonia portuguesa do Brasil. Porén o cambio de status xa se viña practicando desde a chegada da familia real portuguesa e a súa Corte en 1808 trala invasión napoleónica de Portugal.[1]
O reino portugués no exilio con capital en Río de Xaneiro
[editar | editar a fonte]O traslado da corte portuguesa coa raíña María I «a Tola», o príncipe-rexente Xoán e a maioría dos nobres, que chegaban a unhas quince mil persoas, ascendía o Brasil a igual categoría que o Reino de Portugal,[2] o 23 de xaneiro de 1808. Trala ocupación de Lisboa polas tropas francesas, Río de Xaneiro, que xa era un importante porto comercial en América,[3] pasou a ser o centro comercial e naval máis importante do Imperio portugués.[4]
Elevación a reino
[editar | editar a fonte]Os monarcas portugueses introduciron varias transformacións no territorio brasileiro. A culminación destas chegou o 16 de novembro de 1815, na véspera do aniversario da raíña María, cando o príncipe-rexente Xoán elevou o Brasil á categoría de reino integrado dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve.[5] Pola súa banda, Río de Xaneiro pasou a ser a sede oficial da corte portuguesa. O obxectivo destas medidas eran agradecer a hospitalidade dos brasileiros que os recibiran en 1808, así como o de reforzar o papel de Portugal durante as negociacións no Congreso de Viena. A pesar de atoparse a miles de quilómetros de Lisboa, o cambio oficial da corte a Río de Xaneiro, e a elevación a reino do Brasil en unión con Portugal, permitiu que a coroa portuguesa gañase voz e dereito a voto.[5]
Disolución
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Pedro I do Brasil e Independencia do Brasil.
O 7 de setembro de 1822, o príncipe Pedro, declarou a independencia do Brasil.[1] O 12 de outubro dese ano, o príncipe Pedro tornouse o primeiro emperador do país recentemente independente, fundando así o Imperio do Brasil. Tras unha longa negociación, Portugal asinou un tratado co Brasil o 29 de agosto de 1825 no que recoñecía a independencia brasileira.[6][7][8][9] Agás polo recoñecemento de independencia, o resto de disposicións do tratado facíanse a conta do Brasil, incluíndo unha demanda de compensacións a pagarlle a Portugal, sen ningún outro requisito para este último. A compensación debía pagárselle a tódolos cidadáns portugueses residindo no Brasil polas perdas sufridas, como propiedades confiscadas. Xoán VI recibiu tamén o dereito de estilizar o seu título como emperador do Brasil.[10][11][12] Para o goberno brasileiro foi máis humillante que o tratado implicase que a independencia se outorgaba como acto de beneficencia por parte de Xoán VI en lugar de que fose conseguida polos propios brasileiros por medio das armas.[13][14] A maiores disto, Gran Bretaña obtivo unha compensación polo seu papel no avance das negociacións asinando un tratado á marxe no que se renovaban os seus dereitos comerciais favorables e asinando ademais unha convención na que o Brasil acordaba abolir o tráfico de escravos con África nos seguintes catro anos. Ámbolos dous acordos resultaron moi prexudiciais para os intereses económicos do Brasil.[15][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España (ed.). "Independencia de Brasil". Bicentenario de las Independencias Iberoamericanas. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ Aurell et al. 2013, p. 390.
- ↑ Gomes 2013, p. 98.
- ↑ Gomes 2013, p. 100.
- ↑ 5,0 5,1 Gomes 2013, p. 143.
- ↑ Osório de Castro, Rodrigues da Silva & Montalbão Sarmento 2006, p. 50-56.
- ↑ Barman 1988, p. 128.
- ↑ Sousa 1972, Vol 2, p. 193.
- ↑ Macaulay 1986, p. 184.
- ↑ Barman 1988, pp. 140–141.
- ↑ Sousa 1972, Vol 2, pp. 195–197.
- ↑ Macaulay 1986, pp. 184–185.
- ↑ Barman 1988, p. 140.
- ↑ Sousa 1972, Vol 2, p. 195.
- ↑ Barman 1988, p. 141.
- ↑ Macaulay 1986, p. 186.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aurell, Jaume; Balmaceda, Catalina; Burke, Peter; Soza, Felipe (2013). Akal, ed. Comprender el pasado: Una historia de la historiografía. ISBN 978-84-460-3727-9.
- Barman, Roderick J. (1988). Brazil: The Forging of a Nation, 1798–1852 (en inglés). Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-1437-2.
- Gomes, Laurentino (2013). Lyons Press, ed. 1808: The Flight of the Emperor. How a weak prince, a mad queen, and the british navy tricked Napoleon and changed the world. (en inglés). ISBN 978-0-7627-9665-6.
- Macaulay, Neill (1986). Dom Pedro: The Struggle for Liberty in Brazil and Portugal, 1798–1834 (en inglés). Durham: Duke University Press. ISBN 978-0-8223-0681-8.
- Osório de Castro, Zília; Rodrigues da Silva, Júlio; Montalbão Sarmento, Cristina (2006). Colecção Biblioteca Diplomática do MNE – Série A. Ministério dos Negócios Estrangeiros, Portuga, ed. Tratados do Atlântico Sul, Portugal-Brasil 1825-2000 (PDF) (en portugués). ISBN 972-9245-47-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- Sousa, Otávio Tarquínio de (1972). A vida de D. Pedro I (en portugués) 2. Río de Janeiro: José Olímpio. LCCN 72227944. OCLC 1078365. OL 5349798M.