Ricardo Barros Pintos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1865 Pontevedra, España |
Morte | 13 de xullo de 1938 (72/73 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta |
Ricardo Barros Pintos, nado en Pontevedra cara a 1865 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1938[1], foi un xornalista e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario do concello de Pontevedra, do que chegou a ser arquiveiro. Colaborou no semanario O Novo Galiciano e publicou os seus poemas en El Eco de Santiago, Lar Galicián, Suevia e Aires d'a Miña Terra da Arxentina e Cultura Gallega de Cuba. En 1888 apareceu como folletín en Crónica de Pontevedra un Vocabulario español de las voces más usuales da súa autoría. A súa obra poética aparece recollida no volume Ventureiras (1909). Tamén se lle atribúe a obra Fabas e Castañas.
Finou como consecuencia de recibir un disparo accidental no edificio do concello de Pontevedra o 8 de xullo de 1938[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 14-7-1938, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-7-1938, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "BARROS PINTOS, Ricardo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 133.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro.