River Phoenix
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) River Jude Bottom 23 de agosto de 1970 Madras, Estados Unidos de América |
Morte | 31 de outubro de 1993 (23 anos) West Hollywood, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | San Xoán Gainesville Crockett (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Young Actors Space |
Actividade | |
Ocupación | actor , músico , cantautor , ecoloxista , artista urbano , actor de televisión , actor de cinema , guitarrista |
Período de tempo | Século XX |
Período de actividade | 1981 - 1993 |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra |
Familia | |
Nai | Arlyn Phoenix (pt) |
Irmáns | Joaquin Phoenix, Liberty Phoenix, Summer Phoenix (pt) , Rain Phoenix (pt) e Jodean Bottom (en) |
Premios
| |
|
River Jude Phoenix, nado co apelido Bottom o 23 de agosto de 1970, e finado o 31 de outubro de 1993, foi un actor, músico e activista estadounidense. Era o irmán máis vello de Rain Phoenix, Joaquin Phoenix, Liberty Phoenix e Summer Phoenix.
A obra de Phoenix inclúe 24 filmes e aparicións de televisión, e o seu ascenso na fama converteuno nun "ídolo adolescente".[1] Comezou a súa carreira como actor con 10 anos, aparecendo en anuncios de televisión. Protagonizou o filme de ciencia ficción Explorers (1985), e tivo o seu primeiro papel de sona en 1986, no filme Conta comigo, que é unha adaptación da novela The Body de Stephen King. Phoenix fixo a transición a papeis máis adultos con Running on Empty (1988), unha interpretación que lle valeu un nomeamento ó Oscar ó mellor actor secundario, e My Own Private Idaho (1991), intepretando un prostituto homosexual na busca da súa nai. Pola interpretación neste último papel, Phoenix gañou a aclamación da crítica e unha Colpa Volpi ó mellor actor no Festival Internacional de Cine de Venecia, e o premio de mellor actor da Sociedade Nacional da Crítica.
O 31 de outubro de 1993, Phoenix tivo un colapso e morreu por unha intoxicación despois dunha sobredose en West Hollywood, á saída do club nocturno The Viper Room, cando tiña 23 anos de idade.[2] No momento da súa morte, Phoenix estaba no medio da rodaxe de Dark Blood (2012).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Weinraub, Bernard (2 de novembro de 1993). The New York Times, ed. "Death of River Phoenix Jolts the Movie Industry". Consultado o 4 de xullo de 2014.
- ↑ Remembering 1993 Gary Kirkland Gainesville Sun – 26 de decembro de 1993
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: River Phoenix |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Holmstrom, John. The Moving Picture Boy: An International Encyclopaedia from 1895 to 1995. Norwich, Michael Russell, 1996, p. 380-381.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- River Phoenix na IMDb (en inglés).