(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Robert Fisher - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Robert Fisher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Fisher
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Long Beach, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 2008 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Topanga, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0279394 IBDB: 8374 BNE: XX928658 Editar o valor en Wikidata

Robert "Bob" Fisher, nado o 21 de setembro de 1922 e finado o 19 de setembro de 2008, foi un novelista, dramaturgo, guionista de cine e televisión estadounidense, principalmente de comedia situacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fisher foi un dos escritores de comedias de situación máis prolíficos. Comezou na televisión na década de 1950 relacionándose cun veterano escritor de radio vinte e cinco anos maior que el, chamado Alan Lipscott. Lipscott e Fisher escribiron o primeiro episodio da serie de comedia de situación da CBS-TV Make Room For Daddy (protagonizada por Danny Thomas) en 1953, e elaboraron teleplays para The Donna Reed Show, Bachelor Father (que protagonizou John Forsythe), Bronco, How to Marry a Millionaire. Despois da morte de Lipscott en 1961, Fisher comezou a escribir con Arthur Marx, fillo de Groucho Marx, e esa asociación (que durou máis de vinte e cinco anos) produciu episodios de McHale's Navy, My Three Sons, The Mothers-in-Law, a serie de ABC-TV The Paul Lynde Show e a de NBC-TV Life With Lucy en 1986. El e Marx tamén foron editores de historias e escritores frecuentes na serie Alice de CBS-TV entre 1977 e 1981.[1]

Fisher tamén escribiu ocasionalmente con Arthur Alsberg e produciu tres obras de teatro en Broadway: a exitosa The Impossible Years (con Arthur Marx), Minnie's Boys (con Marx) e Happiness Is Just a Little Thing Called Rolls Royce (con Alsberg), que pechou tras unha soa actuación.[1]

Fisher tamén é o autor da historia "The Knight in Rusty Armor" (O cabaleiro da armadura oxidada), un fermosa historia da viaxe do home para desfacerse da armadura que non se podía quitar, descubrirse a si mesmo a través dunha serie transformacións cómicas e tráxicas, axudado entre outros por Merlín. A novela curta, considerada un best-seller, está baseada na obra do século XVII The Pilgrim's Progress.[2]

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Fisher morreu o 17 de setembro de 2008 en Topanga, California, dous días antes do seu 86º aniversario,[3] [4] aínda que outras fontes indicaron a data da morte como o 26 de setembro.[5]

Traballo como guionista

[editar | editar a fonte]

Os seus moitos traballos como escritor de televisión incluíron:[6]

Filmografía parcial

[editar | editar a fonte]
Ano Título Traballo Notas
1986 Life with Lucy (serie de televisión) escritor 3 episodios
1982 There Was a Little Girl escritor Longametraxe
1977-1981 Alicia (serie de televisión) Escritor (Historia) 40 episodios
Good Times Historia/Teleplay 1 episodio ("The Dinner Party")
Maude escritor 1 episodio ("Walter's Ethics")
The Jefferson escritor 1 episodio ("Jefferson vs. Jefferson")
1972-1973 Paul Lynde Show escritor 9 episodios
1972 All in Family escritor 1 episodio ("The Locket")
1969 The Good Guys escritor 1 episodio ("The Eyes Have It")
1968-1969 The Mothers-In-law (serie de televisión) escritor 4 episodios
1965 I dream of Jeannie escritor 3 episodios
1963-1971 My Three Sons escritor 2 episodios
1961 Leave It to Beaver Historia 1 episodio ("Teacher's Daughter")
1959-1962 Bachelor Father Escritor/teleplayer 30 episodios
1958-1959 Donna Reed Show Escritor/teleplayer 5 episodios en total
Bronco escritor 2 episodios
1958 How to Marry a Millionaire escritor 2 episodios
1953-1963 Make Room For Daddy Escritor/teleplayer Implicado con 18 episodios en total

Fisher tamén produciu episodios de televisión para:

  • McHale’s Navy
  • My Three Sons
  • The Mothers-in-Law
  • The Paul Lynde Show
  • Life With Lucy
  • Cheyenne

As súas obras incluían: [7]

  • Happiness Is Just a Little Thing Called a Rolls Royce (1968)
  • The Impossible Years (1968)
  • Minnie's Boys (1970)
  • Groucho: A Life in Revue (1987)

Nos seus últimos anos dicíase que levaba "un estilo de vida peripatético".[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Obituaries: Bob Fisher; Roland Wolpert; Juarez Roberts". The Classic TV History Blog (en inglés). 2009-04-14. Consultado o 2023-02-07. 
  2. "The Knight in Rusty Armor: Sinopse ▷➡️ Postposmo". Postposmo. 2020-05-22. Consultado o 2023-02-07. 
  3. "Obituaries: Bob Fisher; Roland Wolpert; Juarez Roberts". The Classic TV History Blog (en inglés). 2009-04-14. Consultado o 2023-02-07. 
  4. "In Passing… – News From ME". www.newsfromme.com. Consultado o 2023-02-07. 
  5. "Bob Fisher". IMDb (en inglés). Consultado o 2023-02-07. 
  6. "Obituaries: Bob Fisher; Roland Wolpert; Juarez Roberts". The Classic TV History Blog (en inglés). 2009-04-14. Consultado o 2023-02-07. 
  7. "R. Fisher". Doollee.com; The Playwrights Database. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 07 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]