Ruminantes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Ruminantes Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bisonte Americano | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Infraordes | |||||||||||||||||||
A dos ruminantes (Ruminantia) é unha suborde de mamíferos artiodáctilos que inclúe algúns animais moi coñecidos, como as vacas e touros, cabras, ovellas e cervos.
Os ruminantes son herbívoros e dixiren os alimentos en dúas etapas: mastigando e tragando de maneira normal e despois regurxitando o alimento semidixerido para remastigar e volver tragar, para así poderen extraer ao máximo o seu valor nutritivo. O estómago dos ruminantes caracterízase por ter catro divisións.
Dadas estas características, a diferenza dos herbívoros non ruminantes, son capaces de aproveitar os carbohidratos estruturais presentes nas plantas (celulosa, hemicelulosa e pectina, as dúas primeiras constituíntes da fibra), tendo así unha fonte de enerxía adicional e baseando a súa alimentación no consumo de forraxe.
Non todos os animais que rumian forman parte da suborde dos Ruminantia: os camelos e as llamas e vicuñas (da familia dos camélidos) están entre as excepcións. Tampouco pertecen a esta suborde algúns dos grandes mamíferos que pastan e teñen adaptacións similares para sobrevivir con cantidades grandes de alimento de calidade inferior, como os canguros e os cabalos, que teñen un cego moi desenvolvido para dixerilo ben.
Características
[editar | editar a fonte]Os ruminantes teñen un sistema dixestivo que lles permite extraer enerxía das fibras vexetais grazas ás transformacións sufridas no estómago, que consta de catro cavidades:
Retículo e rume
[editar | editar a fonte]O retículo e o rume son os dous primeiros preestómagos. Teñen unha elevada densidade de microorganismos (bacterias, protozoos e fungos). O intercambio continuado do retículo co rume leva a considerar ambos os estómagos de xeito unitario "retículo-rume".
O rume pode conter, no gando vacún adulto, de 100 a 120 kg de alimento en fermentación durante de 20 a 48 h, xa que o proceso de fermentación bacteriana é lento.
O retículo é unha zona de intercambio entre o rume e o terceiro estómago. Só se produce o paso ao seguinte estómago se as partículas que chegan ao retículo son de pequeno tamaño (<1–2 mm) ou son suficientemente densos (>1-2 g/ml).
Popularmente, o rume recibe os nomes de panza ou bandullo, e o retículo o de barrete.
Omaso
[editar | editar a fonte]O omaso é o terceiro preestómago, con capacidade para uns 10 kg. É un órgano pequeno con alta capacidade de absorción. Nel recíclase a auga e algúns minerais coma o sodio e o fósforo, que son devoltos ao rume mediante a saliva. Inda que este órgano non é esencial, permite a transición entre o rume e o abomaso, ambos os dous con diferentes modos de dixestión.
A mucosa gástrica presenta unhas prolongacións laminares características cara ó interior do órgano, ás que se deben as denominacións populares de libro e cenfollas.
Abomaso
[editar | editar a fonte]O abomaso é o verdadeiro estómago, de mucosa glandular, similar ao dos animais non ruminantes. O seu funcionamento baséase na secreción de ácidos e gran cantidade de enzimas dixestivos. Ao abomaso chegan partículas non fermentadas de alimentos, algúns produtos finais da fermentación microbiana xunto cos microbios producidos no rume. Popularmente recibe o nome de calleiro, pois del extráese o callo.
Clasificación
[editar | editar a fonte]- Suborde Ruminantia
- Familia Amphimerycidae †
- Infraorde Tragulina (parafilético)
- Familia Tragulidae
- Familia Prodremotheriidae †
- Familia Hypertragulidae †
- Familia Praetragulidae †
- Familia Archaeomerycidae †
- Familia Lophiomerycidae †
- Familia Protoceratidae †
- Infraorde Pecora
- Familia Moschidae
- Familia Cervidae
- Familia Giraffidae
- Familia Antilocapridae
- Familia Bovidae
- Familia Leptomerycidae †
- Familia Palaeomerycidae †
- Familia Climacoceratidae †
- Familia Hoplitomerycidae †
- Familia Gelocidae †
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ruminantes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ruminantes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rappels sur l'anatomie du tube digestif des ruminants et l'utilisation digestive des fourrages pauvres Archives de Documents de la FAO. (en francés)