(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Rupià - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rupià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRupià
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°01′13″N 3°00′38″L / 42.02037, 3.01068
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Xirona
ComarcaBaix Empordà Editar o valor en Wikidata
CapitalRupià Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación316 (2023) Editar o valor en Wikidata (59,62 hab./km²)
Número de fogares50 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude66 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataDaniel Serrano Torró (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17131 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17153 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT171539 Editar o valor en Wikidata

Páxina webrupia.cat Editar o valor en Wikidata

Rupià é un concello da comarca do Baix Empordà.

No concello de Rupià, no Puig Montori, localizáronse materiais dunha aldea indíxena, poboada ata o século I. No lugar de Brancós, preto de Mas Llorà, que conserva elementos anteriores ao século XVI, atopáronse abundantes restos romanos.

En documentos de 1128 xa se menciona Guerau de Rupià, da estirpe que posuía o poder feudal no lugar. A igrexa parroquial de Sant Vicenç é de estilo gótico e renacentista, aínda que xa é mencionada no ano 1139. Daquela aínda se coñecía como Rupinianum ou Rupiano (formas latinizadas de Rupià).

Durante moitos séculos Rupià estivo baixo o dominio do bispo de Xirona. Está documentado que o 5 de decembro de 1268 Guillema de Rupià vendeulle os castelos de Rupià e Fonolleres ao bispo Pere de Castellnou, parente seu, polo prezo de 34.000 sous.

A presenza do bispo deixou pegada no castelo, de estilo gótico civil, de planta rectangular e construído con cantería. Tamén se observa no nome dalgunhas rúas e prazas da vila, así como no pazo gótico, restaurado e modificado séculos despois, actual casa do concello.

En 1314 a vila de Parlavà pasou a estar baixo a súa xurisdición, e en 1316, a de Ultramort. No século XVII, Rupià converteuse na capital dunha das bailías do bispado.

Aínda son visibles na actualidade os restos das murallas, construídas a finais do século XV, que rodeaban o núcleo do concello. A porta de Amunt e a de Avall, as únicas vías de acceso ao casco histórico, son testemuño do sistema de defensa da vila.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Max Cahner; Montserrat Sagarra; et al. Gran geografía comarcal de Catalunya. Barcelona : Enciclopèdia catalana, 1982. (Vol.5- L'Alt Empordà, el Baix Empordà) ISBN 9788485194131

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]