(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Sacheen Littlefeather - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sacheen Littlefeather

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSacheen Littlefeather

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Maria Louise Cruz Editar o valor en Wikidata
14 de novembro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Salinas (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 2022 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Novato (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de mama Editar o valor en Wikidata
Outros nomesSacheen Littlefeather Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoMexicanos americanos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónCalifornia State University, East Bay (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
MovementoAmerican Indian Movement Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
disputed Native American heritage (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSacheen Littlefeather, Activist Who Rejected Brando’s Oscar, Dies at 75 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina websacheenlittlefeather.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0514693 Allocine: 191861 Allmovie: p42721
Discogs: 5041902 WikiTree: Cruz-1606 Editar o valor en Wikidata

Sacheen Littlefeather, nada como Marie Louise Cruz en Salinas, no condado de Monterey (California) o 14 de novembro de 1946 e finada en Novato o 2 de outubro de 2022,[1] foi unha actriz e activista dos dereitos civís dos Nativos Americanos.[2]

Littlefeather foi máis coñecida por dar un discurso en nome do actor Marlon Brando declinando o Premio da academia ó mellor actor que gañaba polo seu papel na película O Padriño na cerimonia dos 45.os Premios da Academia o 27 de marzo de 1973, o cal foi tamén boicoteado pola prensa en protesta do tratamento ós Nativos Americanos pola industria cinematográfica. Na gala, luciu un vestido Apache.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Littlefeather naceu en Salinas, California.[3] As súas raíces son Apache, Yaqui e Pueblo por parte de seu pai, polo lado de súa nai ten parte francesa, alemá e dinamarquesa. Na súa páxina web oficial, afirma que seu pai proviña dos apaches das Montañas Brancas e de tribos Yaqui de Arizona e que "Cruz" era o nome tribal recoñecido do mesmo.[4]

Activismo

[editar | editar a fonte]

Como membro dos indios de Todas as Tribos, Littlefeather participou na ocupación da illa de Alcatraz por parte de activistas polos dereitos dos indios americanos en 1969.[5]

Controversia nos Premios da Academia

[editar | editar a fonte]

Marlon Brando implicouse co movemento dos Indios Americanos (AIM) a principios da década dos 70. En 1973, decidiu posicionarse sobre o incidente ocorrido en Wounded Knee e contactou ó AIM para conseguir un membro que aceptase o Oscar no seu nome. Dennis Banks e Russell Means escolleron a Sacheen Littlefeather.

Littlefeather representou a Brando e o seu boicot ó premio Oscar de Mellor actor pola súa actuación de Don Vito Corleone no Padriño (1972) como protesta polos actos ocorridos en Wounded Knee e pola pouca representación por parte de Hollywood e da televisión dos Indios Americanos. Brando escribiu un discurso de 15 páxinas para que Littlefeather lese durante a cerimonia, pero cando o produtor a coñeceu no backstage, ameazouna con retirala fisicamente ou con ser arrestada se estaba en escena máis de 60 segundos. Os seus comentarios no escenario foron totalmente improvisados, máis tarde retirouse ó backstage e leu o comunicado enteiro á prensa. Na súa biografía "O meu mundo é a miña obriga", Roger Moore (o cal presentaba os premios e fora nomeado recentemente como o novo "James Bond, axente 007") dixo que el levou o Oscar á súa casa e que o mantivo na súa posesión ata que foi recollido por un garda armado mandado pola academia.

O incidente incitou a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas a establecer regras para o procedemento de aceptación dos premios.[6]

En 2022 a Academia pediulle desculpas pola resposta desproporcionada e inxustificada ao seu discurso.[7]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • The Laughing Policeman (1973) (sen acreditación)
  • Counselor at crime (1973)
  • 45os premios anuais da academia (1973) (representando a Marlon Brando)
  • Freebie and the bean (1974) (sen acreditación)
  • AThe Trial of Billy Jack (1974)
  • Winterhawk (1975)
  • Johnny Firecloud (1975)
  • Shoot the Sun Down (1981)
  • Reel Injun (2009)
  1. Saperstein, Pat (2 de outubro de 2022). "Sacheen Littlefeather, Activist Who Took the Stage to Decline Marlon Brando's Oscar, Dies at 75". Variety. Consultado o 2 de outubro de 2022. 
  2. "Sacheen Littlefeather". Sacheen Littlefeather. Consultado o 2012-10-04. 
  3. "California Birth Index, 1905-1995 - Ancestry.com". Search.ancestry.com. 1905-07-01. Consultado o 2012-10-04. 
  4. Sacheen Cruz Littlefeather Biographical details
  5. James Stuart Olson.
  6. "Oscar Watch; Oscar takes a bow for legacy of controversy", Stephen Schaefer, Boston Herald, 16 de marzo de 2003
  7. "Academy Awards apologises to Sacheen Littlefeather for Oscars speech abuse". the Guardian (en inglés). 2022-08-16. Consultado o 2022-08-17.